A Biblioteca Municipal Sagrada Familia organiza un taller do Nadal para nenos de 6 a 11 anos
A Concellaría de Cultura informa de que a Biblioteca Municipal Sagrada Familia únese á celebración do Ano Internacional dos Bosques, coa convocatoria dun taller dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. "No bosque tamén é Nadal" é o título que leva esta actividade, onde os participantes poderán elaborar con papel reciclado as súas propias tarxetas e decoracións do Nadal, cadernos e xoguetes.
O taller desenvolverase do próximo luns, día 26, ao 30 de decembro, de 10.00 a 12.00 horas. A inscrición pódese realizar de forma presencial na propia biblioteca Sagrada Familia ata o próximo venres. Ao mesmo tempo ofrécese unha mostra bibliográfica de libros infantís relacionados co reciclado de papel, a conservación do medio e contos sobre bosques e os seres que os habitan. Esta exposición permanecerá aberta ata o 10 de xaneiro.
Fonte: Concello da Coruña














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.