31/10/11

Mércores 2 de Novembro, tarde de Defuntos na Biblioteca Sagrada Familia

Samhain para nenos de entre 5 e 10 anos. Agárdanvos terror, disfraces, contos... Na Biblioteca Municipal Sagrada Familia ofrecemos unha tarde de calafríos para todos aqueles nenos e nenas de entre 5 e 10 anos aos que lles guste pasar medo. Contarémosvos por que celebramos hoxe en día a festa do Samhain, relataremos historias terroríficas, cantaremos cancións repelentes...

Pero esta celebración require etiqueta, así que antes de empezar o contacontos poñerémosvos guapos, como recentemente saídos da tumba. Que como é iso? Vide e veredes.

Lembrade: 17.30 h: caracterización. 18.30 h: contacontos. NON FAI FALTA INSCRICIÓN!!

Coruña.es/bibliotecas

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO