29/09/11

San Xoán festivo: Esquerda Unida pediralle ao Goberno Local un referendo para elexir os festivos locais

«Con todo, a noite de San Xoán estase a consolidar como uns dos eventos máis importantes na nosa cidade no que se congregan milleiros de persoas xunto ao lume. Ano tras ano a participación da veciñanza increméntase notablemente, converténdose nun referente nacional. Mentres, por outra banda, a festividade do Rosario está a perder transcendencia ata o punto de case non ter repercusión, mais alá do seu significado relixioso.

Xa que logo Esquerda Unida preguntará no pleno ao Goberno municipal sobre a posibilidade de facer festivo San Xoán, concretamente:

- Dado o clamor popular na demanda de que o día 24 de xuño sexa inhábil. Considera o Goberno municipal a posibilidade de outorgarlle o carácter de festa local ao devandito día?

- Coa intención de outorgarlle maior poder de decisión a cidadanía. Estaría disposto o Goberno local a desenvolver unha consulta vinculante a través dalgunha ferramenta de participación cidadá para que á veciñanza coruñesa poida elixir os dos dous días inhábiles propios do municipio entre o martes de Entroido, o 7 de novembro outubro día da virxe do Rosario e o día de San Xoán.»

Click na imaxe para ampliar e ler o artigo completo.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO