Entre todos podemos lograr o .gal
«www.codigocero.gal, www.google.gal, www.wikipedia.gal, etc. Con moito esforzo e un chisco de sorte, poderemos comezar a utilizar estes enderezos dentro de pouco tempo. A ICANN, a entidade que goberna os dominios da Rede, abriu por fin o prazo para presentar candidaturas a novos identificadores de primeiro nivel. Dende o 13 de xaneiro do vindeiro ano poderemos remitir a proposta para un dominio propio para a lingua e a cultura galegas!Digo con moito esforzo e cun chisco de sorte porque non vai ser doado lograr o .gal. É certo que case calquera poderá solicitar un dominio, pero solicitalo sen asegurar o apoio global da comunidade, sen ter coñecementos técnicos, sen contar coa experiencia no complexo mundo da ICANN e, dende logo, sen resursos económicos, equivale a tirar ao lixo 185.000 dólares americanos.»
Artigo completo en http://www.puntogal.org
Artigo completo en http://www.puntogal.org














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.