Esquerda Unida estrea unha nova sede na Sagrada Familia e reúnese coa Asociación de Veciños dos Mallos
Remataron as reformas do novo local de Esquerda Unida, sito na rúa Cardenal Cisneros Nº 80 Baixo, que a partires de agora será a nova sede comarcal. Xa que logo, Esquerda Unida inaugura a súa nova sede comarcal para dar cobertura as demandas da cidadanía da zona dos Mallos e a Sagrada Familia. Fiel a súa aposta pola participación cidadá para que a veciñanza teña maior poder de decisión, o Consello Comarcal de EU Coruña convida á cidadanía a achegarse á nova sede para que poidan trasladar en persoa as preguntas e suxestións que consideren oportunas.O coordinador comarcal de EU, César Santiso, indicou que “nos últimos meses moitas persoas chamábanos para preguntar pola nosa localización, afirmando que non atopaban a nosa sede sita na rúa Corcubión no barrio do Agra, por iso eliximos un baixo con visibilidade para que a veciñanza teña máis doado participar na vida política coruñesa a través de Esquerda Unida”. Finalmente Santiso subliñou o carácter aberto de EU, como demostra o feito de que calquera persoa pode acudir a súas asembleas. “Esperamos que agora lles sexa máis doado localizarnos”.
Reunión coa A.VV. Mallos - Sagrada Familia - Estación.
Por espacio de dous horas desenvolveuse unha xuntanza entre Esquerda Unida e a AAVV Os Mallos, Sagrada Familia e Estación. A delegación de EU estaba formada polo coordinador comarcal, César Santiso, o responsábel de organización, Jorge Gil Morabes e Jesús Liste membro do consello comarcal e veciño do barrio. Mentres que a da AAVV a constituía a presidenta Aída Antón, a vicepresidenta Dolores Paz, a Secretaria Mª Luísa García e os vocais José Fernández e Ana Alba.A reunión enmarcase dentro da rolda de xuntanzas que EU está a desenvolver co tecido asociativo coruñés, logo das desenvolvidas coa AVVV Os Castros-San Diego, a AAVV Los Rosalés ou a AAVV Castrillón, para tomar nota das demandas da veciñanza. O consello comarcal de EU Coruña presentou as súas propostas en canto a participación cidadá mediante orzamentos participativos e o seu Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS)
A presidenta da AAVV valorou positivamente a proposta de participación cidadá ao tempo que indicou que se debe traballar moito a implicación da veciñanza para poder chegar até un desenvolvemento eficaz dos orzamentos participativos. Por outra banda subliñou que a mobilidade é o problema máis grave do barrio, o que achacou ao exceso de vehículos. César Santiso explicou a imperiosa necesidade de reducir o uso dos vehículos privados a motor para reducir o caos circulatorio, a contaminación, as emisións de CO2 e o insostíbel consumo enerxético. Por iso, avogou por unha mellora cuantitativa e cualitativa do transporte público colectivo para facelo atractivo a cidadanía. Santiso citou entre outras medidas:
- Creación de aparcadoiros disuasorios gratuítos nas entradas da cidade conectados mediante transporte público baseado en metrobuses híbridos que transiten por carril bus, para evitar a entrada de miles de vehículos.
- Implantación do billete único progresivo diario que permita a utilización universal do transporte público a través do pagamento do billete único no primeiro viaxe e un incremento do 10% do importe inicial en cada transborde ao longo do día.
- Creación de liñas concéntricas que permitan mobilidade entre barrios sen pasar polo centro.
Ver artigo especial neste blog sobre as: Eleccións Municipais 2011














Por fin... unha das nosas "Boas Ideas" é para un Partido Político...
http://metacoru.blogspot.com
A las ideas que no se pueden llevar a cabo se les denomina utopias.Podemos tener muy buenas intenciones o ideas, pero nuestra ciudad no esta preparada para carril bus, bici, u otros.Si no disponemos de aparcamientos en los edificios, ni grandes avenidas, tampoco de espacios para jardines, tendriamos que reinventar otra ciudad con lo que tenemos y eso significa lo que ya esta pasando, una chapuza que infuye en las enormes perdidas del pequeño comercio y sus consiguientes perdidas de puestos de trabajo,con beneficio para los grandes que cierran sus tiendas en la ciudad concentrandose en grandes superficies.Los vecinos de las zonas afectadas por el carril bus o falta de aparcamientos,estan sufriendo las consecuencias de no poder subir ni la compra a sus viviendas y las tiendas de las zonas estan disponibles para quien las quiera, haber si tenemos suerte y las vuelve abrir algun politico.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.