Proxección do documental "Entre Linguas". Mércores 26 de maio, ás 20:30 h. Presentará o documental Vanesa Vila Verde. João Aveledo, Eduardo Maragoto, Vanessa Vila Verde. Ao longo da fronteira con Portugal existen cinco territorios que por diversas circunstancias históricas, e distintos feitos políticos, quedaron ao lado español da fronteira. Isto provocou que, nas provincias de Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz, certas aldeas, e ata concellos enteiros, conservasen uns dialectos que, a pesar da falta de contacto co resto de variantes galegoportuguesas, conserven un enorme parecido con éstas e en particular co galego falado actualmente en Galicia. O contacto destas linguas co español estará sen dúbida por detrás deste fenómeno.
www.macuf.es----------------------------------------------
Inauguración da exposición "Autopsia Educativa". Terá lugar o xoves día 27 de maio de 2010 ás 20h30 no MACUF. Actuación: Performance a cargo dos alumnos.«O propio título da exposición encerra as claves do proceso artístico vivido durante estes meses por unha comunidade de aprendizaxe interconexionada: alumnado do 2º curso da diplomatura de E. Primaria, artistas, alumnos dun colexio público, arquitectos e educadores de museos. A primeira impresión e o concepto que rapidamente nos evoca a palabra "autopsia", está intimamente relacionado co uso frecuente no campo da medicina. Moi lonxe de pensar que a educación está morta, probablemente todo o contrario, esta encóntrase máis enérxica que nunca, escollemos "autopsia" no sentido etimolóxico do vocábulo: a acción de ver polos nosos propios ollos.»
(Click na imaxe para seguir lendo)
www.macuf.es