Ciclo de cine para nenos, 14 Pelis para os Peques. Todos os sábados de xaneiro a abril, ás 18:00 horas no MACUF. Sábado 13 de marzo: Doraemon e os piratas do sur. Doraemon e os seus amigos embárcanse nun inmenso galeón co obxecto de coñeceren de preto os misterios do mar e encontraren grandes tesouros. O que ninguén imaxinaba é que unha distorsión na liña do espazo-tempo os conducirá até o século XVII.
Coa colaboración da Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Linguística do Concello da Coruña.
CONDICIÓNS DE ACCESO: Para garantir a comodidade e seguridade dos asistentes, a partir das 17:30 horas, e por rigorosa orde de chegada, a recepción do Museo expedirá un número limitado de etiquetas adhesivas, que os asistentes deberán levar en lugar ben visible para poder acceder ao auditorio. Agradecémoslles de antemán a súa colaboración, e recordámoslles que está terminantemente prohibido tocar as obras expostas, así como realizar fotografías con flash dentro do recinto do Museo. www.macuf.es-----------------------------------------------
Gala de Entroido de nen@s e moz@s de Operación Mallos. O día 13 de marzo ás 18 horas no Centro Cívico Os Mallos, @s nos@s moz@s de
Operación Mallos farán unha gala con actuacións presentando o traballo que realizaron durante o ano 2009.
-----------------------------------------------
Gala de Cómicos Galegos. Celebrarase o vindeiro domingo 14 de marzo no Palacio da Ópera de Coruña.Trátase dun acto solidario no que o 100% da recadación irá destinada a Intermon Oxfam. A gala estará presentada por Belen Regueira e pasarán polo escenario as figuras máis destacadas do panorama humorístico galego: Isabel Risco, Danny Boy-Rivera, David Amor, Gari, Marta Lado, Miguel Lago, Oswaldo Digón, Pepo Suevos, Rober Bodegas, Rober de Os Tonechos ou As Cantareiras de Ardebullo.
Estes artistas amosan deste xeito a súa solidariedade coas víctimas do terremoto que devastou o país o pasado mes de xaneiro.
As entradas teñen un prezo de 10 euros e pódense adquirir por anticipado en
www.caixanova.es, no teléfono 902 504 500 ou no despacho de billetes da Praza Ourense (Coruña), ademáis do mesmo día no despacho de billetes do palacio da Ópera en Coruña.
-----------------------------------------------
EL OÍDO CONTEMPORÁNEODomingo 14 de marzo de 2010, 12:00 horas
Compositor: FRANK ZAPPA
Intérprete: ENSEMBLE GALAICA MÚSICA
www.macuf.es-----------------------------------------------
Poesía: merendas con conto na Biblioteca Sagrada Familia. Recolle a túa invitación desde o sábado 13 de marzo. Merendas é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores. Terá lugar o martes 16 de marzo ás 18h00 e as 19h15.
CONTOS sobre os que vira a actividade:
-Piratas de xabón de Miguel Howe-Nomí Villamuza
- María a choromicas de Elisabeht Abeyá
- ¡Buuu! de Colin McNaughton
+Info en Coruña.es/Bibliotecas-----------------------------------------------
"Na diferenza está a beleza. Todos somos seres humanos". Día Internacional para a eliminación da discriminación racial. Charla - coloquio sobre a convivencia cotidiá das distintas culturas e da realidade da inmigración na sociedade de Israel. Durante unha hora sumerxirémonos nunha xornada da vida diaria das persoas en Israel a través de imáxenes, vídeos, historias de vida,... en clave de superación das diferenzas.
Ponente: Dna. Jaguit Dori. Licenciada en Socioloxía, Humanidades e Comunicación pola Universidade Aberta de Israel e Premio de Excelencia nos Estudos de Cultura, Tradicións e Historia Comparada pola Universidade Hebrea de Jerusalem.
Lugar:
Centro Cívico Municipal Os Mallos, Avda. de Arteixo, 147. Día 22 de Marzo a partir das 19h30. Entrada libre. Aforamento limitado.
-----------------------------------------------
José Ballesteros de la Puerta. ¿Por qué a veces no me entienden cuando yo lo tengo "tan" claro? La Comunicacion como herramienta de relación. Jueves 18 de marzo a las 20:00 horas en el MACUF. JOSÉ BALLESTEROS DE LA PUERTA (Granada, 1964) es licenciado en derecho por la Universidad de Granada y MBA por las Universidades de Boston y Libre de Bruselas. Antes de crear VESP (www.actitudenaccion-vesp.com), desarrolló una muy exitosa carrera en la empresa privada, llegando a ser el directivo más joven del mundo en una de las multinacionales norteamericanas donde trabajó. Posee un alto bagaje internacional (ha vivido en Inglaterra, Irlanda, Estados Unidos y Bélgica) y amplia experiencia en la gestión, motivación y desarrollo de equipos comerciales. En 1997, después de una década en el mundo corporativo, dejó su trabajo como miembro del Comité de Dirección de American Life Insurance Company (AIG Group) y decidió enfocar su labor profesional a aumentar las capacidades de los empleados-seres humanos, poniendo en marcha VESP. Comenzó su carrera profesional en la compañía americana 3M, de la que fue Jefe de Marketing en la División de Salud para España y adjunto al Director General para Europa de la línea dental dentro de la División de Salud, en Bruselas. En 1998 obtuvo el premio máximo al mérito en el curso denominado Proceso de Comunicación y Desarrollo Personal por Strauss Milligan-Instituto Dale Carnegie. Desde entonces realiza su labor formativa en los campos de comunicación, desarrollo personal, ventas, trabajo en equipo y liderazgo tanto en empresas públicas y privadas, como en Universidades y otros centros de enseñanaza. Es conferenciante muy solicitado nacional e internacionalmente, siendo catalogado por THINKING HEADS, (1ª Plataforma de Conferenciantes de España) como el conferenciante líder en España en el campo de la motivación. Es autor de los libros: “ El Puzzle. Descubre el Comunicador que llevas dentro ”(Editorial Temas de Hoy) y“ El Reto. Cómo disfrutar la responsabilidad de la propia vida ” (Editorial Belacqva). Actualmente está trabajando en su tercer título. En la charla entenderemos con un ejercicio práctico qué pasa en nuestra comunicación para que una cosa sea lo que quiero decir, otra lo que digo y otra lo que me entienden. Veremos también la Vía de las 4 P´s Mágicas de la Comunicación Eficiente®.
www.macuf.es
-----------------------------------------------
Curso de ferramentas de intelixencia emocional. Todos os xoves de abril, maio e xuño en horario de 19:30 a 21:30 horas no
MACUF.
“As persoas con habilidades emocionais ben desenvolvidas teñen máis probabilidades de sentirse satisfeitas e ser eficaces na súa vida, e de dominar os hábitos mentais que favorezan a súa propia produtividade; as persoas que non poden poñer certa orde na súa vida emocional libran batallas interiores que sabotan a súa capacidade de concentrarse no traballo e pensar con claridade”. Daniel Goleman.
www.macuf.es