A Coruña acollerá en xuño de 2011 a segunda edición de Sónar Galicia tras o éxito de público acadado este ano
«Sónar Galicia contará cunha segunda edición, que se celebrará no recinto de ExpoCoruña os días 17 e 18 de xuño de 2011. O festival, que se celebrará de forma simultánea ao de Barcelona, volve a Galicia para consolidar a súa segunda sede en A Coruña trala exitosa primeira experiencia deste ano de desdobrar o festival en dúas cidades distintas nun mesmo fin de semana. As entradas para asistir á segunda edición de Sónar Galicia poranse á venda nos próximos días. A celebración desta segunda edición será posible grazas á colaboración de Avanced Music e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.»
Artigo completo en Xunta.es















Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.