04/07/10

Breves: Festas nos Mallos e praza de Vioño

fiestasFestas dos Mallos. Según nos comentan serán igual que o ano pasado, terán lugar durante un día do mes de Agosto e tan só falta por concretar a data. En canto coñezamos máis detalles, máis contaremos.

*Actualización (27/07/2010):
Ver aquí información completa.

Praza de Vioño. Polémica pola praza que fai esquina entre a Ronda de Outeiro e a Avenida de Arteixo en Vioño, unha praza que aínda segue vaiada e sen noticias do que vai pasar con ela. Según nos comentan, veciños e propietarios de Vioño queren que a praza sexa privada, é dicir, pechada e con chave só para os veciños da urbanización. Veciños e persoeiros do barrio xa se están a mover para que isto non suceda e intentar que a praza sexa pública.

Foto por Laura G.S.

2 Comentarios:

Anónimo dijo...

e porque non se fan como fai dous ou tres anos? as festas con atraccións etc.
non chegan os cartos?

Anónimo dijo...

querido anónimo: non é cuestión de cartos, que tamen son importantes, preguntoche unha cousa: poste ti a organizar e traballar para que se fagan. É unha labor complicada e que da moito traballo,e ainda encima haberá xente que proteste. O falar non ten cancelas, que decia miña aboa.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO