Aprobado o proxecto de remodelación integral do mercado municipal Ramón Cabanillas
«A xunta de Goberno aprobou o proxecto de remodelación integral do mercado municipal Ramón Cabanillas, cuxo orzamento ascende a 450.000 euros. O local do mercado ocupa uns 800 metros cadrados e acolle 113 postos que desenvolven actividade comercial. A reforma pretende reordenar o espazo interior do mercado, agrupándoos e reordenándoos por actividade, así como mellorar a accesibilidade. A obra farase minimizando no posible as demolicións para tentar reducir o tempo de execución e interromper o menos posible a actividade do mercado.»Artigo completo en Coruña.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.