28/02/10

Houbo sorte, Xynthia (Cinthia) non casou problemas de gravidade no barrio

ciclon xynthia ciclon xynthia
Rematou o temporal e a pesar da grande alerta existente, podemos dicir (que saibamos nos) que non pasou nada grave. Durante a tarde puidemos sentir grandes refachos de vento (unha máxima na Coruña de 100 km/h segundo a estación meteorolóxica do dique de abrigo) que puxeron a proba aos tendais (moitos deles parecían que ían saír voando en calquera momento), ás árbores e ás cortinas dalgún que outro veciño que se deixou as ventás abertas.

Foi tamén espectacular a tromba de auga que caeu sobre as 7 da tarde, xusto no momento que había maiores refachos de vento. A visibilidade no barrio era moi baixa, a chuvia caía de tal forma que parecía que había néboa. Neses momentos, veciños da Sagrada Familia informábannos de parpadeos na corrente eléctrica nas súas casas.

O vento actuou con maior forza na Rolda de Outeiro, na Avda. de Arteixo, Praza de San Cristóbal e Parque de Vioño - A Grela. As fotos dos colectores tirados corresponden á Sagrada Familia e á Praza Padre Rubinos. Outro dos detalles desta tarde foi a escasa xente que había pola rúa, os veciños tomaron a alerta moi en serio atendendo ás peticións de prudencia das autoridades.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO