30/04/09

Vioño abre as súas rúas






Trátase das rúas da zona da Avenida de Arteixo e xa se poden circular por elas, tanto en coche como andando.

Cursos de Internet e Ofimática nas Bibliotecas Municipais

Cursos de Internet básico na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. Destinado a persoas sen ningún coñecemento previo de Internet ou informática.

Calendario dos cursos:
1º curso: 25 a 29 de maio de 16.00 a 19.00 h.
2º curso: 15 a 19 de xuño de 09.00 a 12.00 h.
3º curso: 22 a 26 de xuño de 16.00 a 19.00 h.
4º curso: 13 a 17 de xullo de 09.00 a 12.00 h.

Características de cada curso: Curso de 15 horas de duración distribuídas en 1 semana (tres horas diarias). Esta actividade formativa está destinada a persoas que non teñan coñecementos previos de informática ou de novas tecnoloxías. A través da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso permite coñecer de maneira básica os servizos que nos ofrece Internet.

Solicitudes e inscrición dende o 4 de MAIO ata esgotar as prazas, no horario da biblioteca. Entregarase unha solicitude por persoa que deberá presentarse debidamente cuberta no mostrador da Biblioteca Municipal correspondente, dentro do prazo sinalado. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar as prazas existentes. Non se admitirá ningún asistente a edicións anteriores desta mesma actividade formativa.

--------------------------

Cursos de ofimática básica nas Bibliotecas Municipais. Inscrición para os cursos dende o 4 de maio ata esgotar as prazas na propia biblioteca. Destinado a persoas sen ningún coñecemento previo de ordenadores e as súas aplicacións ofimáticas.

Calendario dos cursos:
Monte Alto: 18 ao 22 de maio de 16:00 a 19:00 h.
Monte Alto: 1 ao 5 de xuño de 9:00 a 12:00 h.
Castrillón: 8 ao 12 de xuño de 17:00 a 20:00 h.
Sagrada Familia: 6 ao 10 de xullo de 9:00 a 12:00 h.

Características do curso: Curso de 15 horas de duración distribuídas en 1 semana (tres horas diarias). Esta actividade formativa está destinada a persoas que non teñan coñecementos previos de informática nin de programas ofimáticos. A través da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso busca que os alumnos comprendan cómo crear documentos de texto e follas de cálculo. Contido do curso: Presentación e explicación das partes dun ordenador, Coñecemento e manexo do teclado, Coñecemento e manexo do rato, Tratamento de textos e Folla de cálculo.

Solicitudes e inscrición dende o 4 de MAIO ata esgotar as prazas, en horario da biblioteca. Entregarase unha solicitude por persoa que deberá presentarse debidamente cuberta no mostrador da Biblioteca Municipal correspondente, dentro do prazo sinalado. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar as prazas existentes. Non se admitirá ningún asistente a edicións anteriores desta mesma actividade formativa.

--------------------------

Cursos de Internet avanzado nas Bibliotecas Municipais. Dirixido a persoas con coñecementos previos de Internet, manexo de ordenadores e propietarias dunha conta de correo (e-mail). A inscrición realízase en liña a partir do día 4 de maio.

Calendario dos cursos se xa tes coñecementos básicos de Internet e queres desenvolver a túa formación:
- FÓRUM METROPOLITANO: 25 ao 29 de maio de 16.00 a 19.00 h.
- SAGRADA FAMILIA: 1 ao 5 de xuño de 16.00 a 19.00 h.
- CASTRILLÓN: 15 ao 19 de xuño de 10.30 a 13.30 h.
- MONTE ALTO: 22 ao 26 de xuño de 16.00 a 19.00 h.

Contidos dos cursos: Presentación de distintos buscadores, Procura experta: operadores booleanos, truncamentos, comodíns etc., Avaliación de webs: actualización, autoridade etc., Webs temáticas: vídeos, fotografías etc., Administración electrónica, Comercio electrónico (adquisición de bens e servizos a través da rede), Correo electrónico (correo web): xestionar contactos e enderezos, redireccións de correos, crear grupos na axenda, Subscribirse a listas de distribución., Sindicación, Presentación e explicación de foros e Presentación e explicación de blogs.

+Info en coruna.es/bibliotecas

O Blog de Pedralonga

29/04/09

¡Atención aos cambios en Catro Camiños!

Na cercana rotonda de Catro Camiños se están a preparar importantes cambios de tráfico. Lemos en La Voz de Galicia:
Así mesmo, tamén está previsto eliminar varios elementos semafóricos que bordeaban a fonte, para que esta funcione como unha especie de rotonda, e evitar así as retencións que se producían por haber dous semáforos moi próximos. Neste sentido, García Castro recoñeceu que «os semáforos funcionarán para os peóns, e na fonte haberá cedas o paso, para non parar o tráfico no centro da praza. A circulación só paralizarase en dous puntos concretos: na saída de Concepción Areal e na baixada de Alexandre Bóveda».

Alumnos do Wenceslao Fdez. Florez resultaron premiados


No concurso organizado pola Autoridade Portuaria "Premio Noray de dibujo infantil", resultaron premiados os alumnos do CEIP Wenceslao Fernández Florez.

+Info en http://centros.edu.xunta.es/ceipwenceslaofernandezflorez/

28/04/09

Accidente en Capitán Juan Varela

Unha moza de 25 anos sufriu feridas de carácter leve tras chocar o coche que conducía contra outro automóbil que se encontraba estacionado, segundo indicaron fontes da Policía Local. O accidente produciuse na rúa Capitán Juan Varela e a muller foi trasladada por unha ambulancia da Cruz Vermella ao hospital universitario da Coruña. Polo momento descoñécense as causas polas que a muller perdeu o control do seu vehículo.

La Voz de Galicia.

Campaña especial de doazón de sangue durante esta semana

A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas á ponte festiva do Primeiro de Maio en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. O obxectivo desta iniciativa do CTG pasa por acadar, entre o 27 de abril e o 2 de maio, un total de 2.500 doazóns de sangue que son as que precisarán os nosos centros sanitarios para poder desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.

Lamentablemente, as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de hemoderivados por parte dos centros sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.

Desprazamentos

As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo da presente semana, preto de 50 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.

O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos:

Luns 27 de abril:
Cerceda, Fene, Laxe, Mesía, Esteiro (Muros), Friol, Palas de Rei, A Gudiña, Cuntis e Zonas As Travesas e Barrio de Teis (Vigo).

Martes 28 de abril:
Cerdido, F. Filoloxía e Zona Monelos-Castrillón (A Coruña), EPA Caranza e CFO Caranza (Ferrol), Muros, Porto do Son, F. Administración e Dirección de Empresas (Lugo), F. Dereito e F. Ciencias Empresariais e Turismo (Ourense), A Lama, Combarro e Escola de Canteiros de Poio, GKN Driveline e Zona As Travesas (Vigo).

Mércores 29 de abril:
A Capela, Camelle (Camariñas), A Picota (Mazaricos), Aeroporto-Lavacolla (Santiago), Zas, F. Ciencias (Lugo), Ribadavia, A Golada, Baiona e El Corte Inglés-Vigo Norte (Vigo).

Xoves 30 de abril:
Alcampo (A Coruña), Ponte do Porto (Camariñas), Mugardos, Santa Comba, Frei Rosendo Salvado (Santiago), Ourol, CFO Santa Mª Europa e Barrio San Francisco (Ourense), A Estrada, O Rosal e Rúa Barcelona (Vigo).

Sábado 2 de maio:
Barrio Caranza (Ferrol), Santa Cruz de Oleiros, Castiñeiras (Ribeira), Abadín, Trabada, Centro Comercial Arousa (Vilagarcía) e Zona García Barbón (Vigo).

http://ctg.sergas.es/

27/04/09

Educación Sexual Moderna


Versión del famoso número de Les Luthiers interpretado por cinco integrantes de Tanxedoira: Xulio Loureiro, Fernando Vela, Angel Loureiro, David Loureiro y Raúl Muñoz.

Festival 31 aniversario de Tanxedoira, Centro Civico de Os Mallos 25-abril-2009.

O instituto Puga Ramón acolle unha homenaxe á profesora Esther Iglesias

A profesora Esther Iglesias, falecida hai uns meses, era a encargada das clases de francés do instituto Puga Ramón e a impulsora dos intercambios culturais cos centros escolares do país galo. Hoxe luns, a partir das cinco da tarde, o salón de actos deste instituto dependente da Deputación provincial, acollerá un acto de homenaxe a esta docente. Está prevista a asistencia tanto da familia da homenaxeada como de persoal do organismo provincial e da comunidade educativa; en diferentes intervencións será glosada a traxectoria humana e profesional da profesora homenaxeada e logo será descuberta unha placa no laboratorio de idiomas que pasará a levar o nome e Esther Iglesias. O acto concluirá cos alumnos do Lycée Saint François plantando unha árbore, unha especie gala, como recoñecemento ao traballo de intercambio da homenaxeada.

La Voz de Galicia.

26/04/09

VII Maratón de Lectura en Galego

(Click na imaxe para ampliar)

25/04/09

Agra dos Mallos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Os cambios nos buses serán en 15 días

Como xa se sabía dende hai uns días, a liña 15 desaparece do sistema de transporte público para mellorar, tal como demandaban os veciños, a conexión dos arredores da rolda de Outeiro -en zonas como Mariñeiros, Agra do Orzán ou Peruleiro- co complexo hospitalario a través da liña 12-A, que partirá da glorieta do Pavo Real ata o propio CHUC. Esta liña pasará cada media hora por cada parada e contará para o seu funcionamento con tres autobuses articulados.

Mantense a liña 14, aínda que contará cun vehículo menos.

Toda a información en busurbano.blogspot.com

24/04/09

Teatro, cine, música...

El grupo de Teatro del Centro Social Sagrada Familia, ATEACO, representante gallego en el Certamen Internacional de teatro amateur de Murcia.

Este año el Certamen Internacional de Teatro amateur de Santomera – Murcia contará con representación gallega gracias a la participación del grupo ATEACO. Tras ser la única agrupación gallega seleccionada, el grupo de teatro del Centro Social Sagrada Familia, ATEACO, viaja esta noche a Murcia para participar mañana en el Certamen Internacional de Teatro amateur que está teniendo lugar esta semana en la ciudad. El grupo acude con la conocida obra La Revuelta de Santiago Serrano Abnegación de Manuel Masdías Sánchez con la que ya han cosechado grandes éxitos y con la que esperan les concedan el codiciado trofeo este fin de semana en Murcia.

-------------------------------------------

Ciclo de Cine: 12 pelis para os peques. SÁBADO 25 DE ABRIL, 18:00 h. "ASTÉRIX E CLEOPATRA". Una actividad, organizada por la Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística del ayuntamiento coruñés, en colaboración con la TVG, y que comenzó a celebrarse en la Sala Picasso del MACUF el pasado 10 de enero, continúa en su horario habitual (sábados a las 18:00 horas) y conforme al programa previsto.

www.macuf.es

-------------------------------------------

El dj Txarly Brown trae su rumba del siglo XXI al Café Chroma. El local acoge esta noche una sesión de rumba, pasada por el filtro del diseñador y dj catalán Txarly Brown, que esta semana publicaba el segundo volumen de Achilifunk, con sus remezclas de la que califica como «la música española más exportable». De hecho, en mayo emprende una gira europea que le llevará por tierras alemanas: «Allí no hay prejuicios, y entienden la rumba como música de baile, sin más», afirma.

www.cafechroma.tk
La Voz de Galicia


-------------------------------------------

La nueva historia de Caperucita, Música Animada en el MACUF. Conciertos para toda la familia, Domingo 26 de abril de 2009, 12:30 horas, GRUPO GALAICA MÚSICA.

www.macuf.es

-------------------------------------------

Tempo de Lecer, Recuncho de xogos, Contacontos. El lunes día 27 se abre el plazo de inscripción. Si deseas compartir con tus hijos e hijas momentos entrañables alrededor de los cuentos, este es tu taller ya que en él podréis disfrutar de hermosas historias y vivir increíbles aventuras. Inscripción: días del 27 de abril al 4 de mayo, en conserjería del centro cívico en horario del centro. Fechas del obradoiro: días 9, 16, 23, 30 de mayo. Horario: de 11 a 12 hs. Lugar: Centro Cívico Municipal Os Mallos.

Non se construirá ningunha gasolineira no Agra Dos Mallos

O Concello coruñés fixo onte público no Diario Oficial de Galicia ( DOG ) un anuncio no que se avisa da tramitación do expediente para a concesión dunha gasolineira na avenida de Arteixo. Este anuncio, que conta cun prazo de alegacións de vinte días, non terá efecto, xa que fontes da área de Urbanismo do Concello coruñés, que dirixe Obdulia Taboadela, dispoñen de informes que consideran que esa instalación é inviable na localización inicialmente prevista. Segundo explicaron fontes municipais, a devandita gasolineira iría situada nunha parcela próxima onde hoxe se levanta o centro cívico dos Mallos, dentro do desenvolvemento dun polígono de servizos que finalmente non se executou. Por iso, a reserva de espazo para unha estación de abastecemento de combustible, cuxa explotación solicitara Cepsa, enténdese por parte do Concello que é innecesaria.

La Voz de Galicia.

23/04/09

Una pareja roba gasolina de un camión aparcado en la avenida de Arteixo

El 10 de Abril la Policía Nacional detuvo a un hombre y una mujer cuando robaban combustible de un camión con una manguera. En el momento del alto, la pareja había llenado ya dos garrafas. Los agentes intervinieron, entre sus pertenencias, un destornillador, una cizalla para cortar metal, una válvula de succión, una manguera de goma, dos cables eléctricos y unos guantes. El camión asaltado estaba estacionado en la avenida de Arteixo, próximo a la confluencia con la calle Newton.

La Opinión A Coruña.

Remata o prazo para o Obradoiro de estratexias de atención ao público

O vindeiro sábado remata o prazo para inscribirse no Obradoiro de estratexias de atención ao público dirixida a traballadores/as da hostalaría. O obradoiro está dirixido aos traballadores e traballadoras do sector da hostalaría e mais a todas aquelas persoas que poidan estar interesadas. Desenvolverase do 28 de abril ao 26 de maio, das 17.00 ás 19.00 h, na Casa Museo Casares Quiroga. A inscrición (de balde), até o sábado 25 de abril.

Máis información en coruna.es/nex.
Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística.

22/04/09

A Biblioteca nas Estacións de Trens e Autobuses

Como celebración do Día do Libro 2009 as Bibliotecas Municipais da Coruña prepararon unha serie de actos aos que se convida a todos os cidadáns. As bibliotecas municipais ofreceranlles información aos viaxeiros sobre as súas actividades e recursos. Trátase de levar a biblioteca a dous dos lugares máis frecuentados pola cidadanía.

Espazos de paso pero tamén de encontro, bos lugares onde botarlle unha ollada a un libro no tempo de espera ou de elixilo co fin de lelo durante o traxecto. Para celebrar un día tan especial, as bibliotecas levarán libros ás estacións e poñeranos a disposición dos viaxeiros, que, sexan nenos ou adultos, poderán levalo e lelo no autobús ou no tren. Haberá para isto un posto con información e folletos das bibliotecas, marcapáxinas e un cartel conmemorativo.

coruna.es/bibliotecas

Xoves 23: As bibliotecas instálanse por un día na Estación de Trens e Autobuses (desde ás 10:00 até as 19:00). Animación de rúa pola Compañía Femme Fatale.

Ultimos días: ¿Tes fotografías antigas da vida no barrio?


Achégaas á Biblioteca Sagrada Familia ou ó Centro Cívico dos Mallos para unha próxima exposición. Deixa as túas fotografías nos sobres que atoparás no mostrador ata o 24 de Abril co ano aproximado, tema e lugar no que se tomou e devolverémoschas axiña.

Buscamos fotos de festas, celebracións, acontecementos familiares, lugares significativos... en resumen, da túa vida e a do barrio. Para calquera consulta chama ó Tlf. da Biblioteca: 981.184.392

Se o prefires, tamén podes enviar as fotos por internet a través do Blog. Envíanos as túas fotos a barriodosmallos@gmail.com co ano aproximado, tema e lugar onde se tomaron. Nós farémosllas chegar á Biblioteca.

21/04/09

A web municipal confunde o nome das rúas



Según coruna.es, o que vemos arriba corresponde con "Rehabilitación de Viviendas Niño Jesús (antes)". Mal andamos se na web municipal non distinguen as rúas das cidade. Arriba podemos ver imaxes das rúas Belén, Reyes Magos e a paralela a estas últimas, todas na zona de San Jaime.

As imaxes que veñen a continuación corresponden á zona da rúa Niño Jesús. Pero na web municipal indícannos que se trata de "Rehabilitación de Viviendas de la calle Belén (después)"


O que fixo esta web non parece estar moi ó día no que se refire ó nome das rúas. Este é un erro que vimos observando dende xa hai uns cantos meses, esperabamos que se corrixise nalgún momento, pero non foi así.

Nova edición do Festival ARTEX SONORA

Esta segunda edición de ArtEx Sonora pretende dar continuidade ao proxecto de arte sonora e música experimental iniciado no verán de 2008, actuando como punto de encontro entre artistas, músicos e público.

Artex Sonora II vertébrase en torno ás presentacións en directo de dous autores que realizan diferentes achegamentos estéticos ao fenómeno da creación sonora. Un (STEPHEN CORNFORD), reinterpretando a sonoridade de instrumentos clásicos, como o piano ou a viola, mediante obxectos sonoros que reciclan vellos compoñentes electrónicos. E outro (CARLOS SUÁREZ), manipulando paisaxes sonoras e instrumentos acústicos para construír un discurso musical con claras connotacións antropolóxicas.

O programa complétase cun TALLER DE FONOGRAFÍA Y ARTE SONORO que pretende dotar a todos os interesados de ferramentas que lles permitan afrontar os seus propios proxectos sonoros, ademais de facilitalos a comprensión do traballo alleo.

Máis Info en www.macuf.es

20/04/09

"Cymainformática"

Avda de Arteixo, 74. [Ver Plano]
15007 A Coruña.
Tlf.: 981 90 61 90

www.cymainformatica.com
info@cymainformatica.com

A mediados de Enero de 2009 abrimos una pequeña tienda / taller de reparaciones en la Avda. de Arteixo, 74. Nuestra empresa tiene 11 años de antigüedad en el sector informático. Realizamos ventas y reparaciones para particulares y empresas. Estamos especializados en mantenimientos informáticos para empresas con un servicio esmerado e inmediato. Contamos también con tienda online en www.cymainformatica.com/tienda.

También en:
Ronda de Outeiro, 306
15011 A Coruña
T. 981 174 332 - 981 915 863
F. 881 927 828

Renovación de la Avenida de Finisterre y de la Calle Tornos

El Ayuntamiento completará la renovación de aceras en la avenida de Finisterre con las obras que se realizarán en el tramo comprendido entre el Paseo de los Puentes y ronda de Outeiro. La inversión en esta fase del proyecto alcanzará los 571.944,08 euros y un plazo de ejecución de cuatro meses. El proyecto, además, incluye la instalación de bocas de riego, hidrantes de incendios y canalización de bajantes de pluviales. Igualmente, se aprovechará para renovar todas las canalizaciones de servicios básicos, tanto municipales como de las empresas de servicios.

Por otro lado, el Ayuntamiento procederá a la renovación del pavimento y aceras de la calle Tornos, dentro de las obras que se ejecutan en todos los barrios siguiendo el plan de pavimentación integral de la ciudad. El proyecto, impulsado por la Concejalía de Infraestructuras, cuenta con un presupuesto de 488.653 euros y en estos momentos se encuentra en período de contratación.

Coruna.es

19/04/09

Aquela "nevada" do inverno pasado...


Rúa Angel Senra.
Fotos por Borjatosar en Flickr.

18/04/09

As Bibliotecas da Coruña en Twitter

Que pasa coa parada de taxis da Sagrada Familia

Unha veciña deixounos o seguinte comentario no foro:
"Desde que existe esta parada de taxis creo que aínda non vin o primeiro. Para que serve? Non sería mellor dedicar o espazo que ocupa ao aparcamento, que é realmente o que fan os máis atrevidos, mentres os demais damos voltas e voltas e máis voltas para aparcar?"

17/04/09

Actividades de Fin de Semana

Ciclo de Cine: 12 pelis para os peques. SÁBADO 18 DE ABRIL, 18:00 h. "NENO RICO". Tras una interrupción de cuatro semanas, debida a las reformas que han venido realizándose en la sede del MACUF, anunciamos la reanudación del Ciclo de Cine 12 PELIS PARA OS PEQUES. Esta actividad, organizada por la Concellería de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística del ayuntamiento coruñés, en colaboración con la TVG, y que comenzó a celebrarse en la Sala Picasso del MACUF el pasado 10 de enero, vuelve en su horario habitual (sábados a las 18:00 horas) y conforme al programa previsto.

www.macuf.es

-------------------------

EL OÍDO CONTEMPORÁNEO. Domingo 19 de abril, 12:30 horas. El AULA DE MÚSICA CONTEMPORÁNEA del CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE VIGO. Bajo la dirección musical de DIEGO GARCÍA RODRÍGUEZ interpretará obras de MORTON FELDMAN (protagonista de la sesión) y KAROLIS BIVEINIS.

www.macuf.es

-------------------------

Hoy, viernes, día 17, a las 20,30 horas, el Teatro Municipal “Rosalía de Castro”, acogerá la sexta edición del “Certamen de Danza da Noite da Queima”, organizado por la Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan. En esta ocasión, la temática elegida para las coreografías presentadas, gira entorno a la Guerra de la Independencia española de la que se está celebrando el segundo centenario y que tuvo a nuestra ciudad por escenario en alguna de sus más destacadas acciones bélicas. Esta nueva edición contará con la participación de los ballets “Carmen”; “El Taller”; “Soniquete”; “A.C. de Sada”; “Trintaetres” y “Alhaja Dhaja”, todos ellos de La Coruña. Cada una de las Escuelas y Ballets participantes presentarán una coreografía inédita que estará inspirada en la Guerra de la Independencia. La Asociación de Meigas de las Hogueras de San Juan otorgará su distinción anual, como reconocimiento a su trabajo en el arte de la danza, a la coreógrafa coruñesa Victoria Canedo. El acto cuenta con el patrocinio del IMCE y la colaboración de la Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan. La entrada será por rigurosa invitación.

-------------------------

Preinscripción en taller de danza a partir del lunes. En el centro cívico municipal de Os Mallos habrá una sesión donde, de una manera lúdica e participativa, se experimentará con la danza y se descubrirá la danza como una actividad sencilla y divertida. Será llevada a colaboración pon el Centro Coreográfico Galego. Fecha de comienzo, lugar y horario: Preinscrición: los días 20, 21 e 22 de abril. En el departamento de Conserjería del CCM Os Mallos. En horario del centro. Sorteo: 23 de abril. Inscripción: los días 23, 24 e 27 de abril en el departamento de Conserjería del CCM Os Mallos. ¿A quien va dirigido? Para mayores de 16 años. Fecha del obradoiro y Horario: Miércoles 29 de abril de 11:30 a 13:30.

Mejora del alumbrado en la Sagrada Familia

El Ayuntamiento destinará 399.088 euros procedentes de los fondos estatales de ayuda a los municipios a mejorar el alumbrado público en el barrio de la Sagrada Familia, en la plaza del Comercio y en el entorno de Villa de Negreira.

El Gobierno local pretende responder así a las críticas de los vecinos que habían denunciado la ausencia de farolas y la escasa iluminación en las calles próximas a sus viviendas. Este proyecto urbanístico forma parte de una lista de 13 planes de mejora que se desarrollarán en municipios de la provincia y que fueron aprobados ayer por el Ministerio de Política Territorial.

La mejora del alumbrado es el único proyecto de los aprobados que se desarrollará en el término municipal de la ciudad. El plan municipal es reponer las farolas deterioradas y aumentar el número de focos que existen en las calles de los barrios a los que afectarán las mejoras.

Artículo completo en La Opinión A Coruña.

16/04/09

A volta ciclista en imaxes

Podería dicirse que o corte de tráfico no cruce Ronda de Outeiro - Avenida de Arteixo foi un pouco caótico, daba a impresión de que faltaba algo de coordinación entre os axentes da policía municipal.




Aproveitamos para presentar como novo membro do equipo deste Blog a Laura G.S., quen se incorpora a partir de agora como fotógrafa. De Laura G.S. recibimos as seguintes imaxes da saída da carreira (Km 0) que tivo lugar á altura do Centro Cívico dos Mallos:

A Volta Ciclista a Galicia pasa hoxe polo barrio


Tal e como xa comentábamos hai uns días, teremos Volta Ciclista pasando polo barrio. Según o horario previsto pola organización, a Volta partirá de María Pita ás 14h00 e sairá da Coruña pola Avenida de Arteixo ás 14h20 (para unha velocidade aprox. de 40km/h) ou ás 14h22 (para unha velocidade de 35km/h). Se a queredes ver non vos fiedes deste horario, non deixa de ser unha previsión, acudide con algo de antelación por se acaso.

A carreira virá dende Riazor pola Ronda de Outeiro, que tocará o barrio no tramo comprendido entre a Avenida de Finisterre e a Avenida de Arteixo. Unha vez chegado a esta última, na esquina de Vioño, xirará á dereita para continuar cara Arteixo.

15/04/09

Actividades no Centro Cívico en Abril



Creación de páxinas web, excursión a ordes, contacontos e obradoiro de danza. Para maior información fai click no cartel da actividade que queiras.

Tamén en coruna.es

Doa Sangue nos Mallos

Venres 17 de Abril, 15:30h - 21:00h
*Unidade Móbil situada diante do Antigo Ambulatorio dos Mallos (arredor do número 150 da Ronda de Outeiro).

"Hoxe haberá moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, leucemia, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia.... Para poder atendelos precisamos 500 doazóns de sangue cada día. Necesitamos sangue de tódolos grupos sanguíneos. A solidariedade está dentro de tí.........DOA SANGUE".

http://ctg.sergas.es/

¿Tes fotografías antigas da vida no barrio?


Achégaas á Biblioteca Sagrada Familia ou ó Centro Cívico dos Mallos para unha próxima exposición. Deixa as túas fotografías nos sobres que atoparás no mostrador ata o 24 de Abril co ano aproximado, tema e lugar no que se tomou e devolverémoschas axiña.

Buscamos fotos de festas, celebracións, acontecementos familiares, lugares significativos... en resumen, da túa vida e a do barrio. Para calquera consulta chama ó Tlf. da Biblioteca: 981.184.392

Se o prefires, tamén podes enviar as fotos por internet a través do Blog. Envíanos as túas fotos a barriodosmallos@gmail.com co ano aproximado, tema e lugar onde se tomaron. Nós farémosllas chegar á Biblioteca.

14/04/09

Vuelve el 12A

Las numerosas críticas vecinales a la reordenación del transporte público implantada el pasado mes de diciembre han forzado que el Concello anuncie una nueva reforma que tiene como único objetivo solucionar los problemas generados por las modificaciones que dejaron sin servicio a los vecinos de barrios como Os Castros, Os Mariñeiros y O Castrillón. Los habitantes de estas zonas aplauden medidas como el restablecimiento de la línea 12-A y la transformación de los recorridos de los autobuses 1 y 14.

Artículo completo en La Opinión A Coruña.

Esixen ao Goberno municipal que acelere o realoxo no Agra dos Mallos

O Partido Popular esixe ao Goberno municipal que acelere o realoxar de oito familias que residen en infraviviendas en Agra dos Mallos. O grupo municipal denuncia a "pasividade" e a "falta de preocupación" do Concello pola situación que viven os afectados. "Mentres o Executivo local permanece mudo e inactivo ante as demandas dos veciños, móstrase dilixente para outorgar a concesión de licenza de obra e de apertura dunha gasolineira, situada no espazo ocupado actualmente polas infraviviendas denunciadas", asegura un voceiro do Partido Popular.

Nota de prensa completa aquí.

Poderemos coller bicicletas de aluguer nas estacións de tren e de autobuses

A cidade deportiva da Torre, Adormideras(Nas lagoas), o dique de Abrigo, á altura do castelo de San Antón, o xardín da Mariña, os xardíns de Méndez Núñez, a Casa da Auga, a praza de Pontevedra, a praza de San Cristóbal, a estación de autobuses e o miradoiro dos Castros son as dez localizacións nas que o Concello instalará os primeiros puntos do sistema municipal de aluguer de bicicletas, bautizado xa oficialmente como Bici Coruña, durante os próximos dous meses.

A esa primeira fase haberá que engadir nos meses seguintes, ata final de ano, outros catro puntos de estacionamento e intercambio, para os que se manexa, en principio, a posibilidade de instalalos no Paseo das Pontes, en Labañou, nas inmediacións do Millennium, no campus de Oza e no de Elviña.

Artigo completo en La Voz de Galicia.


Segundo se recolle no proxecto sacado a licitación o pasado mes de xaneiro pola Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) cada un dos intercambiadores distribuídos polos diferentes puntos do termo municipal dispoñerá de polo menos unha quincena de bicicletas listas para o uso por parte dos cidadáns.

Os devanditos vehículos poderán retirarse mediante o uso da tarxeta Millennium ou a través dunha simple mensaxe de SMS que permita utilizar o teléfono móbil como elemento identificador do usuario que pretenda acceder ao servizo.

Artigo completo en La Voz de Galicia.


Vázquez explicou entón que o custo do servizo será gratuíto durante a primeira hora de aluguer dos vehículos, e logo se aplicará unha tarifa de trinta céntimos por cada fracción de media hora que se alongue o aluguer.

A todo iso haberá que sumar unha cota de mantemento anual que, segundo o primeiro cálculo aprobado polo pleno municipal, será dun máximo de vinte euros anuais.

Artigo completo en La Voz de Galicia.

13/04/09

Cortaranse a R.Outeiro, Av. Finisterre e Av.Arteixo pola Volta Ciclista

Según informa coruna.es:

Debido á celebración da "VIII Volta Ciclista a Galicia", os días 15 e 16 de abril, vanse a producir cortes de tráfico importantes na cidade, polo que se esperan retencións tanto nos itinerarios previstos como nas vías alternativas (Rda.Nelle, Avda. Arteixo,etc.).

Mércores 15: Chegada da 1ª Etapa, a partir das 17 horas aprox. comezarán os cortes de tráfico en Avda. de Finisterre, Rolda de Outeiro, Manuel Murguía, Paseo de Rolda, Paseo Marítimo (zona Estadio) e Avda. da Habana (Meta). Recoméndase evitar circular pola zona afectada desde as 16 ás 19 horas.

Xoves 16: Saída da 2ª Etapa, a partir das 14 horas realizarase unha saída neutralizada desde Mª Pita, discorrendo por Paseo do Parrote, Paseo Marítimo, Manuel Murguía, Rolda de Outeiro e Avda. de Arteixo. Recoméndase evitar circular pola zona afectada desde as 13:30 ata as 15:00 horas.

VIII edición da Volta Ciclista a Galicia, proba por etapas de carácter nacional elite e Sub 23 que se disputará entre o 15 e 19 de abril. A edición deste ano presentouse cun percorrido moi completo que fará que sexa unha proba moi competitiva nos seus 640 Kms. con constantes alteracións na cabeza de carreira que farán sen ningunha dúbida que todos os equipos se teñan que empregar a fondo. A segunda etapa pódese considerar como a raíña co final inédito no alto dá Enxa (Porto do Son) que chega a ter ramplas cun 17% de desnivel. A Volta conta cunha participación de 19 equipos de 7 ciclistas dos cales son 7 son galegos, 2 portugueses, 1 ruso e 9 nacionais que darán un gran nivel á proba.

http://www.fgalegaciclismo.es/

Coches abandonados y vallas sobre vehículos en A Sardiñeira



Nuestro amigos del Blog del Ventorrillo nos envían este vídeo.

12/04/09

Unha de chapuceiros..

Sempre se nos di o mesmo, hai que ter paciencia cos postes de madera que se colocan nas rúas para soportar os cables cando hai obras, xa que unha vez rematadas as obras estes desaparecen. Nada máis lonxe da realidade. No barrio poden verse numerosos exemplos en moitas rúas nas que as obras remataron hai anos e os postes de madera seguen ahí.

Na imaxe pode verse un dos varios postes de madera que hai na rúa Ribadavia, pero o que se ve na imaxe rompe co habitual e realmente parece unha incrible chapuza: a farola está colocada nun poste de madera de obra, e ahí segue a pesar de que a obra non existe dende hai moito tempo..

Así se tapa un burato no chan do Parque de Vioño...

Cun par de táboas e un par de pedras todo solucionado..

11/04/09

El parking de la Sagrada Familia se adaptará a la demanda de plazas

La Empresa Municipal de Vivienda (Emvsa) pretende acomodar las dimensiones del aparcamiento subterráneo de Sagrada Familia a la demanda de plazas. La sociedad participada en su integridad por el Ayuntamiento ha recibido 270 solicitudes de reserva de plaza desde que abrió la preinscripción el 5 de diciembre pasado. Aunque oficialmente cerró este proceso el 28 de febrero, Emvsa todavía acepta peticiones porque pretende acercarse a las trescientas plazas, que, según sus cálculos, garantizarían la viabilidad de la construcción y explotación de tres plantas de estacionamiento subterráneo, según indicaron ayer fuentes de la empresa.

Artículo completo en La Opinión A Coruña.
Foto por La Opinión A Coruña.

Viendo el fútbol en Ecodesarrollo Gaia

El local se abarrota cuando emiten partidos de futbol por la tele…. Todos los senegaleses están por la selección española… y se pasan el partido gritando España España etc… los comentarios, entre ellos, los hacen en wolof…. Pero cuando se dirigen a los futbolistas les hablan en castellano…. ¡ Hay que marcar dos goles chaval ! ¡ Adelántate neno …no te quedes ahí parao!....y es lógico, porque si se dirigieran a los futbolistas de la tele en wolof… no les entenderían..

http://gaiadiaadia.blogspot.com

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO