28/02/09

Comienzan los cursos de informática 2009 para inmigrantes con Ecos do Sur

A partir del sábado 28 de febrero comenzará un Curso de Ofimática (Office: Word y Excel) para inmigrantes y emigrantes retornados organizado por la ONGD Ecos do Sur en la Biblioteca Sagrada Familia de A Coruña. Tendrá lugar todos los sábados de 12.00 a 14.00 horas y contará con 15 plazas.

Este curso de informática se suma al que comenzó el pasado 17 de febrero de Iniciación a la Informática, que también imparte la ONGD Ecos do Sur en la Biblioteca Sagrada Familia todos los martes y jueves de 19.30 a 21.00 horas. Este curso cuenta con 12 plazas.

Asimismo, en el Centro Cívico de Os Mallos (A Coruña) también comenzó el Curso de Iniciación a la Informática organizado por Ecos do Sur los sábados de 17.00 a 20.00 horas.

Artículo completo en Ecos do Sur.

Cine + Música en MACUF

Este sábado, 28 de febreiro ás 18.00h na Sala de Cinema do Museo de Arte Contemporáneo UNIÓN FENOSA-MACUF (Avd. de Arteixo, 171, Agrela-Bens), Os vixilantes do camiño. Xabarín viaxa ao Lugar do Camiño coa intención de pasar unhas tranquilas vacacións. Nesta esquecida vila coñecerá a panda que o vai acompañar en multitude de aventuras pola vella Europa.

A finalidade deste ciclo de cinema e achegar o galego aos tempos de ocio dos máis novos, reforzando así o uso do galego no ambito familiar. A entrada é de balde até complentar aforo e o aparcamento é gratuito. Se prefire usar o transporte público a liña 11 ten unha parada diante do Macuf.

Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística; Macuf e Crtvg.


------------------

Música Animada.
Conciertos para toda la familia.
Domingo 1 de marzo de 2009, 12:30 horas.

Un paseo por Nueva Orleans
Por THE REVIVAL STOMPERS

Todavía en la semana de Carnaval, llega al MACUF la música más divertida del Nuevo Continente: ritmos de jazz interpretados por músicos que tienen la asombrosa capacidad de IMPROVISAR. Es decir, de crear buena parte de la música en el mismo momento en que la están tocando.

www.macuf.es

Nota de Prensa por un San Juan Festivo

Recibimos la siguiente Nota de Prensa por parte de la Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan:
Hoy sábado, día 28. a partir de las 17,30 horas, la Meiga Mayor, Jennifer Bermúdez, acompañada de sus Meigas de Honor recogerán firmas, en las instalaciones de El Puerto Centro de Ocio, para avalar la petición de que el día de San Juan se declare festivo.

Esta iniciativa forma parte de la campaña iniciada, en fechas pasadas, por la Comisión Promotora, contando con diversos apoyos, para conseguir que el día de San Juan sea declarado festivo.

Esta campaña se desarrollará en otros Centros comerciales y locales coruñeses prologándose hasta el próximo mes de junio fecha en la que será elevada una petición al Ayuntamiento pidiendo que la fiesta de San Juan se considere inhábil.

27/02/09

Unha parella arrestada mentres roubaba nun coche na Sardiñeira

Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron unha parella como suposta autora do roubo cometido o pasado 10 de febreiro nun coche na avenida da Sardiñeira. Ambos os dous son naturais da Coruña e sen domicilio coñecido. A parella foi sorprendida in fraganti ás tres e media da tarde na avenida da Sardiñeira, cando forzaba un Peugeot cun destornillador, que botaron inmediatamente tras advertir a presenza da policía.

Artigo completo en La Opinión A Coruña.

En marzo ábrese o prazo para abonar o imposto de vehículos, sube un 3%

O xornal, El Ideal Gallego, comenta: "Este ano experimentará unha suba de en torno ao 3%, é dicir, sete décimas máis que o incremento do 2,3% que se aplicou en 2008 con respecto a 2007".

O Concello da Coruña abrirá do 1 de marzo ao 30 de abril o prazo para abonar o Imposto Municipal de Tracción de Vehículos de 2009.

Os propietarios poderán pagar os seus recibos nas dependencias da Concellaría de Facenda, na rúa da Franxa, en horario de 8 a 14 horas.

Tamén poderán facelo a través da web www.coruna.es e nas entidades bancarias colaboradoras.

coruna.es

Cae a cifra de coches na Coruña tras dez anos de continua suba. A suba imparable do parque de automóbiles da Coruña na última década, a un ritmo duns 1.000 novos turismos cada ano, pegou unha freada. A crise trastornou os datos e en 2009, por primeira vez, o número de turismos matriculados na cidade experimentou unha baixada, pasando dos 107.672 coches do 2008 aos 106.858 actuais, 814 menos en ano.

Artigo completo en 20Minutos.

26/02/09

Apróbase o proxecto de renovación de beirarrúas da rúa Tornos

A Xunta de Goberno aprobou o proxecto de pavimentación e beirarrúas na rúa Tornos, cun presuposto de 488.652,99 euros e un prazo de execución de tres meses. Os traballos nesta rúa, que da á avenida de Finisterre, contempla tamén a renovación de canalizacións e servizos públicos, como recollida de pluviais e outras instalacións. A beirarrúa será de baldosa hidráulica ornamental, cunha superficie total de 1.520 metros cadrados, e outros 2.005 metros cadrados de pavimento de formigón na calzada.

Neste Blog xa mostraramos queixas de veciños polo mal estado desta rúa.

+Info en Coruna.es

Aceras en Vioño ya "utilizables"









Son varias las calles de la urbanización a través de las cuales ya se puede divisar el Parque de Vioño, pero siguen aún cerradas y por tanto, seguimos teniendo que dar un rodeo para llegar a esta zona verde.

La que está abierta a medias es la acera que va por la Avenida de Arteixo, una parte sigue cerrada, pero por la otra ya se puede transitar.

*Imágenes enviadas por Javier

25/02/09

Os Mallos, Labañou, San Diego, O Castrillón e Monelos modernizarán os seus escenarios

O investimento de 450.000 euros que o Ministerio de Cultura presentou para remodelar os centros cívicos da cidade xa ten destinatarios: repartirase entre os centros cívicos dos barrios dos Mallos, Labañou, San Diego e Monelos -este centro contará tamén cun patio xaponés que forma parte doutra partida presupostaria- e tamén se realizarán obras no do Castrillón, aínda que en menor medida, xa que a partida deste centro é menor. Ao longo deste ano, estes espazos municipais acollerán as obras que lles permitirán, no futuro, desenvolver calquera espectáculo escénico.

Artigo completo no xornal La Opinión A Coruña.

Queixa, novidade e aviso sobre paradas de bus urbano no barrio

O temporal de xaneiro tirou a parada de bus da Ronda de Outeiro 126, algo que xa contamos neste blog. Dende entón, como se pode ver na imaxe, seguimos esperando que coloquen outra porque desta forma, só os usuarios habituais do bus urbano saben que alí paran as Liñas 11, 20 e 14, para os demais, a parada non existe. A marquesina do Centro de Saúde dos Mallos tamén foi esnaquizada polo temporal, en cambio, foi reparada en apenas uns poucos días.

As paradas de bus das Liñas 14 e 22 que colocaron diante do Hotel Avenida (zona estación, na incorporación a Alfonso Molina), xa teñen unha marquesina cada unha delas. Primeiro colocouse a da parada do 22, e unhas semanas máis tarde, colocouse a da Liña 14.

A parada de bus da Liña 11 situada na Avenida de Arteixo zona Vioño (en sentido A Grela) foi desprazada uns metros polas obras que están a facer na esquina Ronda de Outeiro con Avenida de Arteixo. A parada está un pouquiño máis lonxe de dito cruce.

24/02/09

Más imágenes de la Estación

El blog http://latorredehercules.blogia.com, todo un clásico en la blogosfera coruñesa, muestra una sucesión de fotos de la Estación de FFCC desde Joaquín Planells.

23/02/09

Carril e beirarrúa cortados por traballos de canalización

Dende o venres 20 de febreiro, e por un período aprox. de 2 semanas, córtase ao tráfico o carril dereito da Rolda de Outeiro, esquina Avda. de Arteixo, en sentido de baixada, por traballos de canalización e servizos na zona da nova urbanización de Vioño.

Motivado por estes mesmos traballos, córtanse ao tránsito de peóns os pasos que conflúen na citada esquina de Vioño, polo que deberán de camiñar polas beirarrúas contrarias á zona de obras.

Mentres duren as obras, e de forma puntual, as zonas de corte poderían ser ampliadas se así o necesitasen os traballos. Debido a este corte preveense retencións durante as horas punta nesta intersección, polo que se recomenda aos condutores utilizar como vial alternativo a Rolda de Nelle.

coruna.es

Diferentes formas de utilizar o Parque de Vioño

Vídeo Musical:



Vídeo por 14catorce


Outras peculiares formas de diversión en Vioño:


22/02/09

Proxección da curtametraxe Hercumán na biblioteca

Cine na Sagrada Familia. O martes 23 de febreiro ás 12.30h cine na biblioteca Sagrada Familia.

A Biblioteca Sagrada Familia Films convídavos á cerimonia de entregas de OSCAR e proxección da curtametraxe "Hercumán" que fixeron os nenos e nenas que participaron no taller de verán "Un verán de cinema". Podedes vir acompañados de familiares e amigos o día 23 deste mes ás 12.30 h. Traede cámara de fotos e de vídeo.

coruna.es/bibliotecas

21/02/09

Resumo de prensa..

Aproveitamos para rescatar algunhas novas que saíron durante o peche deste blog:

A Coruña iniciará esta mesma semana un plan de obras nunca visto. Nun prazo de nove meses faranse un centenar de proxectos, executaranse os investimentos de tres anos nun e haberá cortes de circulación (parciais ou totais) nunhas 44 rúas, case todas no centro. 20Minutos.

As reservas para o futuro ´parking´ da Sagrada superan o número de prazas. A promotora estuda ampliar o aparcamento e construír unha terceira planta. O prezo medio de cada estacionamento roldará os 14.500 euros e serán en concesión a 50 anos. La Opinión.

Os veciños aceptan o proxecto para reformar Francisco Catoira. O Concello modificou o seu plan para pechar ao tráfico a zona polas queixas de residentes e comerciantes. A vía será "semipeonil". La Opinión.

A Sagrada Familia, Os Mallos e Estación en Facebook

A rede creada por este blog, e outros veciños, sobre o barrio en Facebook sigue aumentando a bó ritmo, incluso por momentos, de forma espectacular. Unha rede na que podes consultar o Perfil deste blog, visitar o Grupo Barrio dos Mallos, podes facerte "fan" da páxina Los Mallos, sentir o orgullo de pertencer á Sagrada Familia, seguir os movementos cidadáns de denuncia ou visitar o grupo da Asociación de Veciños.

Además, tamén podes encontrar ligazóns cara grupos ou páxinas relacionados dalgunha forma co barrio, como exemplo podemos falar do grupo do Vioño C.F., o famoso (e tantas veces cheo) Bar Andy e o sempre animadísimo Chaflán.

Están aparecendo tamén diversos grupos de ex-alumnos dos colexios e institutos do barrio, como son os do Colexio Sagrada Familia, Colexio Atlas II, Colexio Os Mallos, e ata con catro páxinas distintas están presentes os ex-alumnos do instituto IES Puga Ramón, ex-alumnos instituto rafael puga ramón (a coruña), Aquellos maravillosos años en el Instituto Puga Ramón e I.E.S. Rafael Puga Ramon. Con dous páxinas temos á Sardiñeira: IES A Sardiñeira e nós estudamos na SARDIÑEIRA!!!!!!! JEJE!.

Tamén está presente con dúas páxinas o Wenceslao Fdez. Flórez con Colegio Wenceslao Fernández Flórez e Ex-Alumnos Wenceslao Fernandez Florez. La Coruña. E rematamos co IES Urbano Lugrís, popularmente coñecido coma o Politécnico.

¿Queres unirte a algo de todo isto? Entra en Facebook e sigue os links que aquí te indicamos. ¿Coñeces máis páxinas relacionadas co barrio en non as puxemos por aquí? Daquela podes deixarnos o link nos comentarios ou escribirnos un e-mail para engadilo.

20/02/09

Actividades de Fin de Semana!

Festa de disfraces no Chroma!
Sábado 21 de Febreiro de 2009

www.cafechroma.tk


----------------------

Actividades en el MACUF

El compositor y profesor ALBERT LLANAS (Barcelona, 1957) será el responsable de una doble sesión consagrada a los orígenes históricos de la música realizada con medios electrónicos.

* EL OÍDO CONTEMPORÁNEO
Domingo 22 de febrero, 12:30 horas, comentará las grabaciones musicales de autores como P. HENRY, P. SCHAEFFER, O. MESSIAEN, P. BOULEZ, H. LE CAINE y el propio A. LLANAS.

* I CURSO DE CULTURA MUSICAL
Lunes 23 de febrero, 20:00 horas, MÚSICA CONCRETA: LA VOZ DEL OBJETO SONORO Y LA ESCUCHA RESTRINGIDA.

www.macuf.es

Comezou o arranxo da pasarela peonil da Ronda

O noso veciño Javier envíanos esta foto coa que nos indica que comezou o arranxo da pasarela peonil da Ronda de Outeiro na zona da Sagrada Familia. Esperemos que non quede nunha simple "man" de pintura..

Sobre o Centro Social Sagrada Familia e o Centro Cívico

El Centro Social Sagrada Familia busca nuevas voces
Esta semana se abre el plazo de selección para la búsqueda de nuevas voces que quieran formar parte del Coro del Centro.

El Coro del Centro Social Sagrada Familia abre sus puertas a todas aquellas personas que quieran participar en la selección de nuevas voces para su formación. Para ello, todos los interesados podrán informarse o solicitar una cita para la prueba en el 981 23 46 94 o en las oficinas del propio Centro.

-----------------------

Actividades no Centro Cívico dos Mallos

OBRADOIRO DE COCIÑA, “PORQUE SOMOS IGUAIS”. Preferentemente, homes cos seus fillos e fillas. Preinscrición en conserxaría do CCM Os Mallos do 18 ao 21 de febreiro. Sorteo: 23 de febreiro. Datas do obradoiro: Sábado 7, 14 e 28 de marzo en horario de 17 a 18.30 h. Custo: Gratuito.

MONOGRÁFICOS 2009, DANZAS DO MUNDO. Preinscrición en Conserxaría do CCM Os Mallos os días 18, 19, 20 e 21 de febreiro. Sorteo: 23 de febreiro. Inscrición: 23, 24 e 25 de febreiro. Datas do Obradoiro: Mércores 4, 11, 18 e 25 de marzo de 18.30 a 20.30 h. Obradoiro interxeneracional dirixido a maiores de 16 anos. Custo: 7, 74 €.

Chatear con webcam. Todos os venres a partir do día 27 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas durante 30 minutos poderás chatear con Webcam gratuitamente co familiar ou amigo que desexes. +Info aquí.

Día da Muller. Programación especial polo día internacional da muller nos últimos días de febreiro e primeiros de Marzo. Ver programa Mesa Redonda. Programa completo aquí.

19/02/09

¿Demostración de como o noso sistema electoral pode ser manipulado?

A través de Im-Pulso atopamos o documental "Quilombo Electoral" nun blog que entre outras cousas di:
A miña primeira intenciòn era demostrar como o noso sistema electoral propiciaba o engano...agora confòrmome con mostrar. Sinceiramente este traballo non valeu de nada... ningùn partido polìtico (a pesares das sùas promesas) nin ningùn medio (a pesares dos seus esforzos) consideraron oportuno a sùa divulgaciòn ou emisiòn. Na miña inxenuidade non puiden discernir que tanto partidos como medios, sen ser a mesma causa teñen moito en comùn. Sei que me vou a meter en lìos pero tanto me ten...dentro de pouco meses teremos nova cita electoral en Galicia e o sistema està podre. A ninguèn lle interesa cambialo. Eu prefiro os lìos que a podredumbre..
Trátase dun documental que a través de entrevistas, cámara oculta e outras reportaxes, amósanos como funciona o sistema co que votan os emigrantes. Según o autor, son varios os medios de comunicación que posúen este material dende fai tempo, pero non o emitiron. Entre outras cousas, pode verse como unha mesma persoa vai entregar 6 votos e como tamén se recolle o voto dunha persoa falecida. O mellor é que cada un de vos o vexa e logo opine. O documental está sacado do blog "Un Contador de Historias".


Xa estamos de volta..



07/02/09

Doa sangue nos Mallos

Venres 13 de Febreiro, 15:30h - 21:00h
*Unidade Móbil situada diante do Antigo Ambulatorio dos Mallos (arredor do número 150 da Ronda de Outeiro).

"Hoxe haberá moitas persoas nos hospitais que necesitan recibir unha transfusión dun compoñente do sangue, porque hai que operalas, transplantarlles un órgano, padecen cancro, leucemia, tiveron un accidente de tráfico, unha hemorraxia.... Para poder atendelos precisamos 500 doazóns de sangue cada día. Necesitamos sangue de tódolos grupos sanguíneos. A solidariedade está dentro de tí.........DOA SANGUE".

http://ctg.sergas.es/

Números premiados na Tarxeta Cliente Amigo en Xaneiro

O 86.283 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 25€.

O 90.977 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 350€.

O 67.935 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 25€.

O 82.551 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 150€.

O 16.092 foi o número premiado con cheques de compra por valor de 25€.

Estes cheques de compra os poderás utilizar en calquera comercio asociado ó Distrito Mallos. Comproba se coincide con algún dos números da túa Tarxeta. Para maior seguridade, consulta ó Distrito Mallos* para confirmar estes números e premios.

*Teléfono : 981 238 164
Fax : 981 168153
E mail: parkingmallos@yahoo.es
Correo postal: Distrito Mallos
Ronda de Outeiro (esquina Mallos)
Subterráneo 15007 A Coruña

**Se non tes a Tarxeta Cliente Amigo do Distrito Mallos non esperes máis para acadala. Con ela poderás participar, semanalmente e de forma gratuita, en sorteos de cheques de compra nos comercios da Asociación Distrito Mallos por valor de entre 25€ e 350€. Pero ademais terás ofertas e descontos en comercios asociados dos que estarás informado puntualmente a través do xornal do barrio e da web http://www.distritomallos.net/. Máis de 3.000 persoas xa teñen a súa Tarxeta, en canto sexamos 5.000 teremos descontos máis importantes como por exemplo, descontos en Gasolineras.

06/02/09

Poderían suspenderse as clases este luns

Ao Blog do Barrio dos Rosales chegou un aviso sobre a posibilidade de que un forte temporal previsto para o luns podería obrigar a suspender as clases. Hai que esperar a decisión final, xa que ata o domingo pola tarde non se saberá nada concreto

Podes ver a noticia completa aquí.

Agradecimientos a una farmacia del barrio

Nos envían lo siguiente:

Buenas. Hoy tuve que llevar a mi hijo de urgencias al Modelo, y le diagnosticaron una otitis. Las farmacias de guardia de la noche del jueves son la de la calle de la Torre, y la de la prolongación de la calle Vizcaya. A ésta última me gustaría que le hicieses llegar(a través de vuestro blog) mis felicitaciones por la amabilidad, ya que no nos acostumbramos a que nos digan: ¡Que se ponga pronto bueno su hijo! De ahí, que me haya llevado una agradable sorpresa. Por eso os escribo al blog por si queréis hacer pública mi satisfacción como cliente-paciente.



Actividades no MACUF

Este sábado, 7 de xaneiro ás 18.00h na Sala de Cinema do Museo de Arte Contemporáneo UNIÓN FENOSA-MACUF (Avd. de Arteixo, 171, Agrela-Bens), proxectarase Doraemon e as mil e unha aventuras. Nesta ocasión, para sacar a Nobita do seu aborrecemento, Doraemon quitará do seu peto unhas zapatillas que lle permitirán somerxerse no fantástico mundo dos libros. Esta é a primeira película de Doraemon feita para o cine e estrenouse nos cines galegos en 2001. Doraemon nace no 1970 da man de Fujilo F. Fujio, na revista nipona Korokoro.

Concellaría de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística

-------------------------------

Domingo 8 de febreiro, 12:30 horas

"EL OÍDO CONTEMPORÁNEO"

CUARTETO IACOBUS, obras de ASTOR PIAZZOLLA e ROGELIO GROBA

--------------------

Luns 9 de febreiro, 20:00 horas

I CURSO DE CULTURA MUSICAL

SERGIO LASUÉN, compositor, investigador e mestre

A MÚSICA COMO MEDIO DE COMUNICACIÓN E PARTE INTEGRADORA DE PROCESOS CREATIVOS GLOBAIS: MÚSICA NO CINE E A PERFORMANCE

www.macuf.es

Tempo de lecer 2009, Monógrafico Danzas do Mundo

Preinscrición en Conserxaría do CCM Os Mallos os días 18, 19, 20 e 21 de febreiro.

Sorteo: 23 de febreiro
Inscrición: 23, 24 e 25 de febreiro. Custo: 7, 74 €

Datas do Obradoiro:
Mércores 4, 11, 18 e 25 de marzo de 18.30 a 20.30 h.

Obradoiro interxeneracional dirixido a maiores de 16 anos.

MÁIS INFORMACIÓN:

* Centro Cívico Municipal Os Mallos
Avenida de Arteixo, 147
* Nos teléfonos:
981 184 364 / 010

Ecos do Sur amplía o seu horario de atención

Coa finalidade de prestar unha mellor atención e de maior calidade ao colectivo inmigrante e emigrante retornado, e ante o incremento de usuarios atendidos pola nosa entidade nos últimos meses e o incremento de servizos, Ecos do Sur amplía o seu horario de atención ao público tamén aos venres pola tarde na súa sede, situada na rúa Ángel Senra nº 25 -1º de A Coruña.

Podes ler todos os horarios aquí.

05/02/09

Actividades nas bibliotecas

Qué fan os nosos fillos en Internet?

Se estás interesado en coñecer o uso que fan os teus fillos ou alumnos das ferramentas e aplicacións que ofrece Internet INSCRIBITE XA a estas xornadas nas Bibliotecas Municipais do Fórum, Sagrada Familia, Castrillón e Monte Alto e tamén no Punto de lectura dos Rosales (Centro Cívico, Praza Elíptica s/n).

Caracteríticas deste curso
Para pais, nais, titores e educadores interesados en coñecer o uso que fai a mocidade das ferramentas e aplicacións que ofrece Internet. A inscrición é presencial (solicitude escrita) cun aforamento máximo de 12 persoas. Duración: 4 horas repartidas en 2 sesións de 2 horas cada unha. O obxectivo é orientar os adultos para educar a mocidade no bo uso dos servizos ofrecidos por Internet.

---------------------------

Marzo de Rol na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña
Aprende e xoga ao ROL e as CARTAS DE ROL na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil (R/ Durán Loriga 10) cos masters de Mangalego. Tódolos mércores de marzo ás 5 da tarde.

Actividade: Taller de xogos de rol e cartas de rol
Datas: Tódolos mércores de marzo ás 17:00 h.
Lugar: Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil. Rúa Durán Loriga 10, B. 15003 A Coruña
Inscrición: no blogue www.fancómic.es. Compre ser maior de 13 anos.


coruna.es/bibliotecas

Nova batalla contra a dobre fila

Nova batalla contra os aparcamentos en dobre fila nas rúas da Coruña. Anúnciana, por enésima vez, os responsables do Concello noutro intento por erradicar unha das infraccións máis habituais por parte dos automobilistas. Dende o goberno municipal indican que a Policía Local coruñesa «iniciou un dispositivo especial en contra da dobre fila na cidade, co obxectivo de evitar esta práctica, sobre todo, nas zonas nas que se detectou un maior número de vehículos mal estacionados».

Especifican así mesmo que o operativo estará formado por un total de cinco axentes (un mando, unha patrulla en coche e unha patrulla en moto) e unha grúa «que se dirixirán cada día a unha determinada zona ou tramo con dobre fila asidua e moi frecuentemente para proceder a advertir aos condutores ou sancionar aqueles que incumpran as normas de tráfico».

Artigo completo no xornal La Voz de Galicia.

04/02/09

4 de Febrero: Día mundial contra el cáncer

En los países de la UE se realiza menos de la mitad del número recomendado de exámenes de detección precoz del cáncer, y la tasa de mortalidad aumentará si no se toman medidas. El principal objetivo de la campaña del 2009 es de luchar contra el sobrepeso y la obesidad infantil, dos factores de riego que pueden llevar al cáncer a la edad adulta.La OMS estima que un 40% de los cánceres podrían evitarse dejando de fumar, haciendo ejercicio regularmente y una dieta saludable. El tabaquismo es la principal causa evitable de cáncer en el mundo.

Fonte da Noticia
Concello da Coruña

Y sobre este asunto, encontramos esta entrevista en la revista XLSemanal. Dicen que sus aportaciones a la investigación de la oncología merecerían el Nobel, se trata de Mariano Barbacid, el hombre encargado de levantar, dirigir e impregnar de su visión al Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO), una institución que ha convertido en la sexta del mundo por publicaciones del más alto nivel y una productividad científica al nivel de las grandes referencias mundiales en la materia.

XLSemanal. ¿Por qué hay ahora más cáncer que antes?
Mariano Barbacid. Muy posiblemente, porque hemos incrementado drásticamente nuestra esperanza de vida, dado que la incidencia tumoral aumenta proporcionalmente con la edad. Esta enfermedad no ha aumentado por ningún factor ambiental, sino que se produce a medida que vivimos más. Si viviéramos sólo 50 años, habría muy poca gente que muriese de cáncer.

XL. Si el aumento de nuestra esperanza de vida incide en esa prevalencia, ¿somos víctimas, de alguna manera, de los avances médicos de nuestro tiempo?
M.B. No, no, no... Bueno, el precio de vivir más es llegar a viejo [se ríe]. Si todos nos muriéramos a los 40 habría menos cáncer, pero eso no es una opción. Hay quien dice –es probable que sea cierto, aunque no se pueda demostrar– que si viviéramos 150 años y hubiéramos podido curar todas las demás enfermedades, todos moriríamos de cáncer. De hecho, a una cierta edad, muchos llevamos cáncer dentro. En autopsias detalladas realizadas en personas de más de 65 años, en un 70 o un 80 por ciento, se ha encontrado cáncer de algún tipo.

Lee toda la entrevista en XLSemanal.com

Obradoiro de entroido

(Click na imaxe para ampliar)

03/02/09

A Sagrada Familia dende o alto

Foto por Costoyón

A festa da empanada de Santa Margarita pode desaparecer

«Eu creo que se o concurso (da empanada de Santa Margarita) segue funcionando como funcionou nos últimos anos, non merece a pena facelo».

Desta forma anunciaba o concelleiro de Festas, Carlos González-Garcés, a posible desaparición deste certame, posto que nas pasadas edicións houbo un reducido número de participantes, e non se cumprían os obxectivos da convocatoria.

+Info en La Voz de Galicia.

Quitarlle o concurso de empanadas á Romería de Santa Margarita é quitarlle unha das súas maiores tradicións. En lugar de quitalo, que busquen a forma de potencialo, pero claro, quizais sexa máis doado e requira menos traballo a primeira opción.

02/02/09

A única enquisa válida: o 1 de Marzo

Estas son algunhas das enquisas publicadas sobre as eleccións ao Parlamento de Galicia:
*(Actualización 12/02/2009)

12 de febreiro - CIS
PP: 35-36 escanos
PSdeG: 27
BNG: 12-13

2 de febreiro - Público

PP: 35-36 escanos
PSdeG: 25-26
BNG: 14

1 de febreiro - La Región
PP: 37-38 deputados
PSdeG: 25-26
BNG: 11-13

25 de xaneiro - La Voz de Galicia
PP: 35 escanos
PSdeG: 26
BNG: 14

22 de xaneiro - Antena 3 e Onda Cero
PP: 35-36 escanos
PSdeG-PSOE: 26-27
BNG: 13

19 de xaneiro - La Razón
PP: 35-37
PSOE: 24-25
BNG: 13-15

18 de xaneiro - Xornal
PP: 33-34
PSOE: 25-26
BNG: 16

Podes participar e consultar outras enquisas que existen pola rede con resultados que varían dunhas a outras de maneira espectacular. Entre outros lugares, hai enquisas electorais en www.barriodelosrosales.es, barriodelventorrillo.blogspot.com, lahuelladigital.blogspot.com e www.intenciondevoto.com.

Podes participar e consultar tamén a que temos no noso blog, entra aquí.

Avísannos dun novo paso de peóns

Esquina Avda. da Sardiñeira con rúa San Rosendo.

01/02/09

Os atropelos, habituais nos Mallos

Os barrio do Ensanche e Os Mallos concentran o 70% dos atropelos da Coruña, converténdose nas "zonas negras" coruñesas para os viandantes. Nos últimos trece meses rexistráronse 96 das 142 arremetidas que se produciron na cidade.

«A rolda de Outeiro é moi ancha, e aínda que estamos ben de semáforos, ás veces intentas atravesala aínda que non dea tempo, e iso nunha persoa maior é aínda máis arriscado», explica Manuel Fernández, presidente da asociación veciñal, quen destaca a confluencia da rolda de Outeiro co parque de San Cristóbal: «aí é peligrosísimo calcular mal», «habería que concienciar tanto peóns como condutores, pero sen multas; esa política non funciona».

Artigo completo no xornal 20Minutos.

O aluguer de bicicletas podería comezar xa en primavera

A Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades S.A. (EMVSA) remata de sacar a licitación a subministración do equipamento para o sistema de bicicletas de uso público, coñecido xa como Bici Coruña e a xestión do cal custará 250.000 euros anuais. Os interesados poderán presentar as propostas nun prazo de quince días e, se os trámites administrativos non se atrasan, o servizo podería estar a funcionar o próximo mes de maio, en plena primavera.

Aínda que o prego non indica a situación, especifica que a subministración comprende a instalación e ancoraxe das bases «nos lugares sinalados por Emvsa».

Artigo completo no xornal La Voz de Galicia.

Seguimos cuestionando que 10 postos sexan suficientes para toda a cidade, a non ser que realmente non queiran potenciar con forza esta alternativa de transporte. Polo menos esperamos que un deses postos caia polo barrio.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO