
Iniciamos aquí un artigo que esperamos ir completando pouco a pouco en futuras ocasións, un artigo que recolle tempos pasados do barrio para lembrarnos (ou ensinarnos) o por que do nome dalgúns dos lugares do barrio ou que había antes por alí, cos nomes propios da época. Se queredes colaborar, non dubidedes en facelo, por correo ou deixando un comentario neste artigo.
Comezamos:
- O nome da Avenida da
Sardiñeira ven dunha antiga fábrica de salazóns que estaba situada onde agora está o edificio
Aliko, precisamente, este era o nome desa fábrica.
- A zona da Estación de San Cristóbal, recibía o nome de "
Campo del Clareo" pola gran cantidade de roupa que se poñía a clarear e a secar.
- A Ronda de Outeiro tardou bastante en ser como é agora. Antigamente, a
Ronda estaba cortada, pois
había edificios antes de chegar a estación de trens.
- Polo que parece, o que hoxe é a rúa peonil de Ángel Senra, era un monte.
O Concello coruñés honrou o seu nome (Angel Senra, alcalde da cidade) bautizando unha rúa situada na mesma zona onde estivo instalada a súa famosa fábrica de calzado.
-
A Parromeira, terreos próximos á máis tarde chamada estación de Santiago, ou de San Cristóbal. Sitio da Parromeira, Farromeira, Farrumeira (preto de R/ San Luis).
-
Cóntanos unha emigrante dende a Arxentina sobre o seu pasado en Vioño:"Mi madre se llamaba Carmen y mi padre Casimiro, trabajo en las "canteiras do lagar", los Genaros de Vioño que vivían cerca de la fuente eran primos de mama. A la fuente de Vioño ibamos a buscar agua para beber y para lavar la ropa mi madre iba al río de Nelle. Cuando vivíamos en Vioño eramos vecinos de todas estas familias; os de Catoira, os Rivas, a tenda de Juanito, a barbería de Floreal, a taberna do Bellagona a la que mi papa iba a jugar a las cartas. La Grela era todo campo."
- Brigantium deixounos o seguinte comentario:"As canteiras do Lagar das que fala o fillo de Casimiro, imaxino que serían as do monte de Santa Margarida xa que preto esta a calexa do Lagar, na zona onde segundo planos de 1912 había unha aldea que respondía a ese nome.
O nome real do polígono industrial como moitos xa saberán non é nin "La Grela" nin "A Grela" senón a Agrela, unha agra pequena en comparación con outras como as do Orzán ou San Amaro, de aí o nome, o sufixo -ela implica menor tamaño."
- Según nos comentan uns veciños, onde está agora a pista verde da Sagrada Familia, estaba antigamente
o campo de fútbol do Maravillas.
-
Un dos cines máis populares da cidade,
o Cine Alfonso Molina, estivo emplazado na rúa Ángel Senra. Xusto ao seu lado, unha cafetería chamada Cinerama recorda que
alí correron rolos de celuloide entre 1964 e 1986. Iso si, antes de cine primeiro foi "Sally", unha Sala de Festas.
- Según dicen
aquí, a rúa Oidor Gregorio Tovar era coñecida como "
calle Sexta del Ensanche".
-Sitio de
Nelle o por outro nome
Estevandeira (Saída do parque de Sta. Margarita á Ronda de Nelle).
-
Zonas alta e baixa da rúa San Luis. Na súa época considerada como un barrio propio, que ó igual que Vioño e o Borrallón tiñan moi mala imaxe.
- Na rúa Vizcaya estaba o
colexio de Don Pirulí.-
Antonio Lorenzo Pérez fundó la Entidad Constructora Benéfica Sagrada Familia, quien a su vez puso en marcha
la primera biblioteca de barrio de la ciudad: en la Sagrada Familia.
-
Capitán Juan Varela, un dos heroes que acompañou a María Pita na loita contra as tropas de Drake. A rúa que o Concello lle dedicou no barrio dos Mallos, recibía o nome ata ese momento de
Séptima do Ensanche.
- O nome de ronda de
Outeiro procede do pequeno núcleo rural que existía nas proximidades do cruce desta ronda coa avenida de Finisterre.
- A
rúa Ramón Cabanillas recibe este nome dende xaneiro de 1960.
Anteriormente, esta vía recibía o nome de Santa Comba, en homenaxe a esta vila galega.
- Avenida Joaquín Planells Riera. Anteriormente chamada "
estrada aos baños de Arteixo" e antes "
camiño de Espiño a Morás", a antiga vía de comunicación co municipio de Arteixo.
- Praza Castillo de Olite, anteriormente coñecida como
Praza de Tornos. A zona era coñecida tradicionalmente como Campo de Tornos, nome que conserva unha rúa próxima.
- En 1912, co alcalde Folla Yordi,
o Concello de Santa María de Oza uniuse ao da Coruña. Tiña 29 metros cadrados e os seus núcleos de poboación estaban onde agora se erixen os barrios dos Castros, A Pasaxe, Monelos, A Gaiteira,
Vioño, Ventorrillo, Mesoiro, Elviña e Eirís.
Sobre o antigo barrio e rúa da
Coiramia:
- A rúa da Coiramia, chamada pouco despois de San Vicente, que entón estaba sen asfaltar e pola que pasaba un pequeno regueiro, polo que en inverno non había quen pasara por ela sen poñerse perdido de barro. [Ver laciudadquevivi]
- A rúa de Ramón Cabanillas se chamaba A Coiramia porque existía un río (hoxe entubado) con varios curtidoiros de pel.
- Sobre a rúa Noia. Antes de que a zona fose urbanizada, este rincón dos Mallos denominábase Coiramia, unha palabra que en lingua galega significa almacén de coiros ou peles. No seu momento tamén se chamou rúa Tánxer.
- O Colexio Sualva estaba situado na rúa Noia, no barrio da Coiramia.
- Hai moita xente que nin sequera sabía que o barrio se chamaba A Coiramia, nome que provén do lugar que se dedicaba a secar o coiro e que estaba situado xunto a un río próximo á actual parroquia de San Benito. [Ver aquí]
- Eran grandes as festas do Carnaval na Coiramia, onde había unha gran peña de amantes dos disfraces. Neses anos o enterro da sardiña viña pola ronda de Nelle e pasaba pola rúa Vizcaya para terminar no porto.
Sobre o "
Campo de la Peña"
- Nun lugar que hoxe ocupa a Avenida dos Mallos, situado no centro do barrio, antigamente era o "Campo de la Peña", coñecido con este nome polas numerosas rocas que había por alí.
- No "Campo de la Peña" había un pequeno río e un lavadoiro. Nesa zona había moitas leiras, ás que iamos moitas veces para coller os talos dos repolos, cos que xogabamos ao hóckey, así como patacas e mazarocas de millo que asabamos nunha cacharela para comelas despois.
- De preguntas e posibles respostas sobre
a orixe do nome de Vioño falamos aquí.
- Nun
piso da rúa Vizcaya estaba o Colexio de Doña Asunción.
- A
rúa Antonio Viñes era no seus comezos un barranco e estaba sen asfaltar.
-
As principales festas do barrio eran as da rúa San Luis e Os Mallos, que chegaron a durar ata nove días.
[Destas tres últimas falan en http://blog.laopinioncoruna.es/laciudadquevivi]
*Actualización (Xuño 2010):
-
Da Coiramia para a Palloza baixa un río, o Río ou Rego dos Xudeus, do que en tempos había por exemplo un lavadoiro na rúa de San Vicenzo, se non me engano na altura máis ou menos do que hoxe é a praciña da igrexa de San Bieito.
[Ver aquí o artigo completo]Foto atopada en busurbano.blogspot.com