Sobre os bolardos de Ángel Senra
As obras de Angel Senra seguen o seu curso entre diferentes opinións dos veciños, a uns gústalles o que ven, a outros non, e outros directamente non opinan ata ver rematada a obra porque non entenden exactamente o que se está a facer e como quedarán esas "illas" que están a colocar na rúa.
Respecto aos bolardos, hai xa tempo que varios veciños nos adoitaban dicir a través do Blog que Angel Senra necesitaba uns cantos bolardos para delimitar o paso de vehículos, en cambio agora parece que os que puxeron [ver nas fotos de arriba] non acaban de convencer. ¿E por que non acaban de convencer? Pois porque, según nos contan, dificultan o paso dos vehículos que si poden entrar na rúa (como garaxes ou carga e descarga), porque son difíciles de ver polas noites (o cal pode ser o motivo de que algún deles xa está en mal estado polo choque dalgún vehículo) e porque son demasiados, tantos que incluso poden dificultar o paso de persoas.
Así que, tal e como facemos sempre no Blog, dámosvos a palabra para que opinedes sobre os bolardos que puxeron en Ángel Senra, podedes deixar un comentario en calquera dos nosos medios e votar na seguinte enquisa:

Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.