Historia da emigración galega, conferencia na Biblioteca Sagrada Familia
A conferencia sobre a historia da emigración galega terá lugar na Biblioteca Municipal Sagrada Familia hoxe xoves día 17 de decembro ás 19.30 horas.Con motivo do Día Internacional do Migrante, a Biblioteca Municipal Sagrada Familia ofrece unha conferencia sobre a historia da emigración galega, desde a Idade Media ata os nosos días. Da man de Jorge Castro Ruso, farase un percorrido pola emigración intrapeninsular e europea e, por suposto, a emigración americana, coñecendo as causas que levaron a millóns de homes e mulleres de Galicia a outros países, e as consecuencias que estes movementos tiveron para a Galicia territorial. Nunha segunda parte coñecerase a intensa historia dos centros galegos no exterior, desde os que teñen máis sona como o Centro Galego de Bos Aires ou o impresionante Centro Galego da Habana, ata os máis pequenos como os centos de sociedades de instrución que tanta pegada deixaron na arquitectura e na cultura galega.
Artigo completo en A Coruna Cultura














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.