29/11/09

Reciclaxe de aceite no novo Eroski de Vioño

Eroski VioñoA apertura do Eroski de Vioño foi todo un acontecemento no barrio durante os últimos días, especialmente durante a tarde do sábado no que as colas para pagar chegaron a ser bastante considerables. Ademais de ampliar a oferta do barrio, de axudar a revitalizar unha zona como é a de Vioño, a apertura deste gran supermercado tróuxonos unha gran noticia para todos aqueles preocupados pola reciclaxe, xa que este establecemento incorpora colector para a reciclaxe de varios produtos e entre eles está o aceite, o cal vén ser toda unha novidade no barrio. Hai que recordar que o aceite é un produto que se nos desfacemos del a través do desagüe contamina as augas, provoca atascos, malos cheiros e, ademais, estamos desperdiciando un recurso.

Ben por Eroski, que achega a posibilidade de reciclar aceite aos veciños e elimina os desprazamentos por este motivo a algún dos "puntos limpos" da cidade, un desprazamento que de seguro facía que moitos "pasasen" de reciclar.

O colector atópase na porta de entrada ao Eroski dende a planta baixa do parking.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO