06/11/09

Exposición, curtametraxes, contos para nenos e castañas

macuf coruñaExposición no MACUF. Inauguración da exposición "Becas de Creación Artística en el Extranjero 2007". Mar Cuervo - Álvaro Negro - Jorge Perianes, que terá lugar o venres 6 de novembro de 2009, ás 20:30 h. Actuación de Top-Twin Jazz e Proxecto Bossa, Cóctel.

www.macuf.es

----------------------------------------------------

Outono audiovisual coruñaOutono Audiovisual no Centro Social Sagrada Familia. A concelleira de Mocidade, Solidaridade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou o ciclo Outono Audiovisual de curtametraxes en galego, que se celebrará os sábados do mes de novembro. Os obxectivos son promover un espazo de ocio en galego e dar a oportunidade ao cinema máis novo a proxectarse en pantalla grande. Todos/as os/as que asistan recibirán a entrada da sala, en lugar dos tradicionais flocos de millo, castañas asadas típicas desta época dos Magostos.

Outono audiovisual coruñaOs pases para as sesións serán gratuítos. A primeira sesión do ciclo será este sábado, ás 20 horas, no Centro Social Sagrada Familia, na rúa Sagrada Familita, baixo o lema "Para mariñeiros, nos ."As seguintes sesións celebraranse na Asociación Tempo Novo, en Elviña; no Centro Cívico de Pescadores; e no Liceo de Artesáns de Monelos. Desde o Servizo de Normalización Lingüística temos que agradecer a colaboración das entidades que van albergar o evento: O Centro Social Sagrada Familia, Asociación Tempo Novo de Elviña, Liceo de Artesáns de Monelos e o Centro Cívico Veciñal de Pescadores.

(Click na imaxe para maior información)

Coruña.es

----------------------------------------------------

merendas con contosRato-canguro: merendas con contos nas bibliotecas municipais. Recolle a túa invitación dende o sábado anterior á celebración da actividade. Merendas é unha actividade destinada a nenos e nenas de 3 a 7 anos acompañados dos seus pais ou coidadores.

Martes 10 ás 18h00 e ás 19h15 na Biblioteca Sagrada Familia. CONTOS sobre os que xira a actividade

- Os tres porquiños de Raquel Méndez
- La Boda de cerdito de Helme Heine
- Bebé Bigotes de Pat

+Info en Coruña.es/bibliotecas

----------------------------------------------------

castañas coruñaMagosto na Cidade Vella. Este sábado 7 de novembro na Cidade Vella, e a partir das 12.00 da mañá, haberá actividades para todos os públicos... e, por suposto, castañas a esgalla!!

Programación:

12.00 h Obradoiro de creación de zonchos e tallado de cabazas.
13.00 h Sinatura de exemplares do libro Os Bolechas, por Pepe Carreiro.
17.00 h Comezo do Obradoiro de cabazas na Praza da Fariña.
18.00 h Encontro co debuxante Pepe Carreiro.
19.00 h Títeres a cargo de Danthea Teatro.
19.00 h Magosto tradicional na Praza da Fariña.
20.00 h Roteiro das Caveiras Iluminadas.
21.00 h Elaboración e degustación de queimada.

Coruna.es

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos © 2008. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO