30/10/09

O Concello reforza o servizo de autobús urbano nos próximos días

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Transportes e Cemiterios, que dirixe Yoya Neira, reforzará o servizo de autobús urbano aos cemiterios coruñeses a fin de semana con motivo da celebración do Día de Defuntos e ante a previsión de maior afluencia de persoas. Ademais, durante toda esta semana e ata o domingo ampliouse o horario de apertura dos camposantos da cidade, que abren as súas portas de 9 a 19 horas.

O sábado 31 de outubro duplicarase o servizo das liñas 23 e 23A, cunha frecuencia combinada de 15 minutos. O domingo, 1 de novembro, duplicarase o servizo das liñas 3 e 3A, reforzarase a liña 11 e duplicarase o servizo das liñas 23 e 23A.

Artigo completo en coruña.es

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO