Merendas no Aquarium
O luns 28 de setembro, ábrese o prazo de inscrición. Pensadas para nenos de entre 4 e 13 anos, a actividade combina a realización dunha investigación científica cunha merenda de chocolate con churros. As Merendas no Aquarium, que se celebrarán todos os sábados do curso escolar (a partir do 17 de outubro) ás 17:00 horas, inclúen nesta nova edición moitas novidades e sorpresas, con actividades e experiencias diferentes ás do curso pasado. Con ocasión do Ano Internacional da Biodiversidade, que se celebra en 2010, realizaranse actividades relacionadas co proxecto europeo Right Fish, sobre consumo responsable de produtos do mar e diversidade mariña.Para participar nas Merendas é necesario reservar praza chamando ao teléfono 981 189 842. Cada neno deberá aboar unha entrada reducida (4 euros) e recibirá un convite para merendar. Ademais, poderá invitar un adulto, que terá entrada gratuíta ao acuario. A actividade é completamente gratuíta para os nenos socios da Asociación de Amigos da Casa das Ciencias e para os portadores a Tarjeta Vente.
http://edu.aytolacoruna.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.