30/09/09

Consecuencias do peche de oficinas de Caixa Galicia

Caixa Galicia Vioño*Foto por Laura G.S.

O peche das oficinas de Caixa Galicia das rúas Europa e Sargento Provisional, que tivo lugar hai menos dun mes, provoca as primeiras repercusións negativas en forma de enormes colas de xente nas oficinas da rúa San Vicente e Vioño. Como todos sabemos, é normal por estas datas de cambio de mes a presencia de moita xente en calquera oficina de Caixa Galicia, pero é que o visto hoxe supera en moito ao que estabamos acostumados.

Tanto é así, que foron varias as persoas que marcharon dunha oficina para a outra (de Vioño a San Vicente e viceversa) co obxectivo de non ter que pasarse case toda a mañá esperando a ser atendidas, cousa que non conseguiron, pois ambas oficinas estaba na mesma situación.

Isto non só afecta á atención persoal en caixa, senón tamén aos caixeiros do exterior. Por momentos, as colas para sacar diñeiro nos caixeiros automáticos da rúa San Vicente (onde hai dous caixeiros) superaban as dez persoas na mañá de hoxe, cando o normal e o habitual é que haxa dúas ou tres como moito, cando non están libres.

É normal que as oficinas de Vioño e da rúa San Vicente teñan xente demais, xa que recollen agora aos clientes da meirande parte da Sagrada Familia que quedou sen oficina, a boa parte dos Mallos que eran clientes da rúa Europa, aos propios clientes que xa tiña San Vicente e acollerán ademais, aos novos veciños de toda unha nova urbanización como é a de Vioño.

Resumindo: hai máis xente no barrio, pero menos oficinas.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO