25/08/09

Queixas polo lamentable estado de Oidor Gregorio Tovar

«Quero suxerirlle ao concelleiro, alcalde ou a calquera de vostedes que se dean un paseo pola rúa Oidor Gregorio Tovar. Non esquezan levar rodilleras, coderas e sobre todo, zapatillas cómodas ou esas que se utilizan para facer 'treking'. Os buracos, fochas, gretas provocados polo asentamento dunhas fantásticas árbores fai uns cantos anos son horribles. Paréceme estupendo que planten árbores nas nosas beirarrúas pero que leve un mantemento. Varios veciños caéronse, é un barrio onde a gran maioría son xente de idade avanzada e, francamente, xóganse o tipo. Rogo que se gaste parte do orzamento en manter, reparar e coidar a nosa cidade, non só en cambiar as contornas máis céntricas con grandes acabados en prazas, rúas, paseos, parques, etc. Ocúpense de todos os barrios, non os marxinen, por favor.»
Artigo completo en La Voz de Galicia.


*Actualización (26/08/2009; 13h36):

Francisco coméntanos en Facebook:
O que hai tamén en Oidor Gregorio Tovar (Sexta do Ensanche para os que somos de alí de sempre) é un cheiro bastante desagradábel xusto do cruce con Anxo Senra e San Luís que non sei a que se debe, pero que alguén debería mirar, e que xunta por exemplo muita mosca e mosquito en canto vai unha pouca calor.


0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO