19/08/09

Os Mallos foise de verbena [Fotos]



Fotos por Laura G.S.

A nova festa dos Mallos chegou onte ó barrio de forma puntual da man de María Pita. Por segundo ano consecutivo, o barrio non tivo ás súas tradicionais festas de xullo e debido a iso, entre Concello e Asociación de Veciños argallouse unha tarde-noite de festa na zona da Sardiñeira.

Despois dunha tarde adicada aos nenos, chegou o turno da verbena. Puntualmente ás 22h30, levantouse o telón do palco. O cantante da orquesta leu unha nota da Asociación de Veciños dos Mallos, Sagrada Familia e Estación, na que agradecían a presencia da xente na festa e na que se daban datos sobre a organización deste evento, que correu a cargo do Concello a petición de dita Asociación.

A continuación houbo un par de actuacións como resultado do coñecido "Operación Mallos", actividade na que a través da AVV, mozos e mozas do barrio aprenden a cantar e bailar coma os seus cantantes favoritos. Os cativos desta actividade xa acadaron diversos premios nos concursos da nosa cidade en anos anteriores e onte, tiveron a oportunidade de tocar diante dos seus veciños na festa do barrio.

E despois, tocoulle o turno a outros veciños do barrio, da zona da Sagrada Familia, a orquestra "LOS PRÍNCIPES", herdeira da famosa "Los Gemelos y su Orquesta". Chegaron ó barrio dentro da súa xira 2009 na que presentaron novo escenario, incorporaron dúas bailarinas e subiron a cinco o número total de voces. [Ver máis en http://blogs.laopinioncoruna.es/festaafesta]

Como engadido á festa, un bar presente na praza aproveitou a ocasión para celebrar unha churrascada.

2 Comentarios:

Anónimo dijo...

Muy chulas las fotos de la orquesta. Cómo podría conseguirlas?

Blog Barrio dos Mallos dijo...

Poniéndote en contacto con nosotros, rellena el formulario que hay en http://mallos.es/search/label/Contactar (obligatorio cubrir todo) o escríbenos un e-mail a la dirección que aparece en dicha página.

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO