29/06/09

Rúa Noia

Quizais aínda haxa algún coruñés que recorde o antigo nome do lugar que hoxe en día é coñecido como rúa Noia. Antes de que a zona fose urbanizada, este rincón dos Mallos denominábase Coiramia, unha palabra que en lingua galega significa almacén de coiros ou peles. Cando a cidade se estendeu ata este barrio, o Concello deu á rúa o nome de Tánxer, que conservou ata o ano 1934. Nesa data decidiuse cambialo polo de Noia por proposta dun dos tenentes de alcalde da Corporación municipal, Julio Paradela Caamaño. O concelleiro xustificou a necesidade do novo nome para recordar a vila natal de Angel Senra, que foi alcalde da cidade e posuíu unha gran fábrica de calzado no mesmo barrio.

Artigo completo en http://blogs.laopinioncoruna.es/callejero/

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO