15/05/09

Unha manifestación colapsa a Ronda de Outeiro


Os traballadores da factoría de Caramelo na Coruña secundaron hoxe a súa segunda xornada de folga de 24 horas e unha nova manifestación en contra do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) que afectará a 237 empregados, a metade dos que conforman o equipo. A media mañá, a práctica totalidade do equipo partiu en manifestación dende a fábrica da Grela ata o Edificio Administrativo de Monelos, sede da delegación territorial da Xunta na Coruña.

Durante a protesta, os traballadores corearon consignas esixindo a implicación da Xunta e depositaron sobre o chan as súas batas de traballo para expresar a súa indignación pola situación que atravesa a empresa. Tamén corearon consignas en contra da deslocalización da produción ao reivindicar que a moda galega se faga en Galicia.

Europa Press.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO