O PGOM eleva ó máximo as alturas na edificación da intermodal
Según lemos en El Ideal Gallego:No caso da estación intermodal, que se situará sobre a de San Cristóbal, no documento inicial aparecían propostas dous tipos de alturas nos edificios residenciais e de uso comercial, aínda que a Concellaría de Urbanismo optou polo máximo. Así, na parte máis próxima ás vías os bloques de vivendas terán seis pisos; os da zona central, para o sector terciario, terán cinco e o hotel, na área máis próxima á praza, outras cinco. As porcentaxes para os tres usos axústanse e elimínanse nove puntos de residencial para engadir ao terciario o hoteleiro.
A falta de confirmación oficial, a ficha do PGOM parece descartar a zona verde que conectaría a avenida da Sardiñeira coa de Joaquín Planells, aínda que se mantería o vial que uniría ambas as dúas rúas. Tamén segue aparecendo o 50% de vivenda protexida para a urbanización.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.