"Miguel Queixas"
Miguel Queixas comeza no mundo da música de forma autodidacta ós 15 anos animado pola idea de montar unha banda de rock xunto cos seus amigos de sempre. Toma leccións de batería e linguaxe musical en ESCUELA DE MÚSICOS (A Coruña) onde recibe leccións dos bateristas Andrés Rivas e Manolo Brei. Un ano máis tarde comeza a estudiar na ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE A CORUÑA. Alí coñece a Miguel Cabana, o que significa un punto de inflexión á hora de decidir entregarse a tempo total á música e á batería. Con el estudia oficialmente durante 8 anos, e sígueo a facelo día a díao compartindo un proxecto de percusión afro-cubana xunto co tamén gran percusionista Javier Ferreiro “Man” (Luar na lubre).Entre os anos 1999-2004 pasa por diferentes orquestras de baile galegas para logo continua-los os seus estudos tanto na Escola Municipal de Música de A Coruña na súa especialidade de jazz, impartida polo guitarrista José Antonio Acuña, como na “Escuela de Músicos” onde recibe clases da baterista Teresa Sayas. Dende finais de 2004 forma parte dos músicos da compañía Nova Galega de Danza, ca que representou os espectáculos “ALENTO”,“ENGADO” e “TRADICCION”.
Durante o curso 2006-07 impartiu clases de bateria na xa citada “Escuela de Músicos” e no “Centro de Ensinanzas Musicais Adagio Cantabile” (A Coruña) Nese mesmo curso presentase ás probas de acceso ó Conservatorio Superior de Música de A Coruña, na especialidade de Jazz, onde estudia o terceiro curso.
Acude a diversos seminarios tales como o Seminario de música latina impartido por Hansel Luis Díez na ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE A CORUÑA (ano 2000), II SEMINARIODE JAZZ impartido por Brian Trainor, Jeff Jerolamon e Richi Ferrer na ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE A CORUÑA, III SEMINARIODE JAZZ impartidopor Brian Trainor, Jeff Jerolamon e Richi Ferrer na ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE A CORUÑA ,III seminario DE CAIXON FLAMENCO impartido por Isaac Viguera, Israel Suárez, Sergio Ramos, José Carrasco, Juan Flores e Jorge Jiménez (Castelldefells, Barcelona), Seminario precusión Brasileira impartido polo percusionista Joao Bosco de Oliveira na ESCOLA MUNICIPAL DE MUSICA DE A CORUÑA,One Week Jazz Rock Course Summer School en Guildhall School of Musica and Drama (Londres, xullo 2006), III Seminario de Novas Músic as de Monforte de Lemos (Agosto 2007),etc….
Foi requerido en distintas formacións tales como a Orquestra “Los gemelos”, Orquesta “Los principes”, Orquesta “Fania”, Orquestra “Los Satélites”, Big Band do Conservatorio de Carballo, Big Band do Conservatorio Profesional de A Coruña, Coruña Big Band, Carmen Rey Grupo, Xabier Diaz Sexteto, Nova Galega de Danza, Nani Garcia, Pepe Evangelista Quinteto, Carmen Dor, Roberto Somoza Cuarteto, Luar Na Lubre, Vennue Conection, Climatopia 08, etc….
Participa en diferentes festivais como por exemplo o Fertival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira 2006 (Ortigueira, A Coruña), Galiza Sons (Barcelona), Festival de jazz de O Burgo (A Coruña), Festival de Danza de Navarra, Festival Madrid en Danza, I Festival de Jazz de Pontedeume, II Festivall de jazz DON ULPIANO, I Festival de Jazz de Outono Balneario de Mondariz (Ourense), Imaxinasóns Festival Vigo 08, Expo Zaragoza 08, Iberojazz Festival 08 e 09 (A Coruña), Campus Jazz 09 (Pontevedra), Festival de Jazz AS MARIÑAS etc....
En estudo podemos escoitalo ent discos como:
“NO TE ME PONGAS COBRA” Grupo Vagamundos (maqueta 1999)
“SINESTESIA” Vagamundos (2000)
“CORUÑA BIG BAND” Tema “Sing, sing, sing” Dueto de Batería con Miguel Cabana Gravación en directo no Teatro Rosalía de Castro de A CORUÑA (2002)
“OS SATÉLITES CON SITO SEDES”, Gravación distribuída polo xornal LA VOZ DE GALICIA (2003)
“OS SATÉLITES” (2003)
“THE FEVER TREES” (2005)
“ALENTO” (NGD MUSICA) Música do espectáculo “ALENTO” da compañía NOVA GALEGA DE DANZA, premiado como mellor disco Nos IV Premios La Opinión de Musica Folk.
“EKLECT” (GRAVACIÓN PROMOCIONAL DO GRUPO EKLECT PRODUCIDA POR SERGIO PENA)
“SAUDADE” (WARNER MUSIC 2006) LUAR NA LUBRE
“TEMPOS DE CAMBIO” ROBERTO SOMOZA (XINGRA 2006)
“DE PROFUNDIS” (XINGRA 2006) Banda Sonora do filme homónimo. Música de Nani García e ilustracións de MigelAnxo Prado
“ENGADO”. (FALCATRUADA 2007) XOSE LOIS ROMERO. Música do espectáculo ENGADO da compañía NOVA GALEGA DE DANZA
“JAZZ DENDE O CONSERVATORIO” (2007) CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DE A CORUÑA. (CONSELLERIA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA)
“CAMIÑOS DA FIN DO MUNDO “ LUAR NA LUBRE” (WARNER MUSIC 2007)
“GALINUX” Spot Publicitario do Sistema Operativo Galinux (ControlZ ProduccióNs 08)
“TRADICCION” de NOVA GALEGA DE DANZA (FALCATRUADA 2009)
Son varios os discos que teñén pendente a súa publicación neste ano 2009, como é o caso do debut discográfico de LOBALOO e do trio de jazz fusión 3AZOTEAS asi como o disco do QUINTETO DE JAZZ DO CONSERVATORIO SUPERIOR DE MÚSICA DA CORUÑA.
Actualmente é o baterista da xa citada NOVA GALEGA DE DANZA, ca que representa actualmente o seu novo espectáculo TRADICCIÓN, asi como do grupo LOBALOO e do trio 3AZOTEAS e tamen o percusionista da bada tributo a DIRE STRAITS “BROTHERS IN BAND”
Podedes escoitalo en:
http://www.myspace.com/
http://www.myspace.com/miguelqueixas
http://www.novagalegadedanza.com
*Se tes un grupo de música e queres saír no blog, fai click aquí.
Tamén podes botar unha ollada a todos os grupos de música presentes neste blog facendo click aquí.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.