Incendio nunha peluquería da rúa Cardenal Cisneros
Os bombeiros tiveron que acudir onte pola tarde á rúa Cardenal Cisneros logo de ser alertados por mor dun incendio que se estaba producindo nunha peluquería situada no número 35 da citada vía. Os primeiros indicios apuntan a que o lume foi provocado por un fallo eléctrico, segundo explicaron onte desde o parque do servizo contraincendios coruñés, e non causou danos persoais.O lume localizouse nunha pequena estancia dedicada a realizar depilaciones, e todo indica que empezou na conexión eléctrica dunha máquina para quentar cera. Desde esa zona estendeuse a varios taburetes que se atopaban xunto aos cables e tamén prendeu nunha cortina. O que produciu máis danos nas instalacións foi o abundante fume causado polo lume, que os bombeiros se encargaron de evacuar do local pouco despois, aínda que xa afectara a practicamente toda a peluquería.
Artigo completo en La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.