Elecciones: cómo convertir un voto válido en uno nulo
Artículo que explica las trampas que se hacen en algunos colegios electorales para anular votos aprovechando que nuestra Ley Electoral (artículo 96.1) dice que si en un mismo sobre hay dos papeletas iguales se contabiliza como un solo voto, pero si hay dos distintas el voto es nulo. El truco está en meter disimuladamente papeletas en los sobres que hay disponibles en las cabinas electorales. Si el ciudadano no se da cuenta y mete la suya, si ambas coinciden, el voto es válido, si no es nulo.
Visto en meneame.net














Por pura supervivencia do galego é imprescindible darlle nistas eleccións europeas un toque a Feijoo para que cese na persecución da nosa lingua, polo que eu precisamente pido o voto nulo para o PP, (non con engaño, se non conscente)...
Polo galego, na Galicia hai que votar contra a política de contínuo ataque a lingua galega do presidente Feijoo, a fin de contas istas eleccións non son determinantes para configurar gobernos, pero si sirven para pulsar a opinión dos votantes...
Eu penso que o mais eficiente e votar BNG, pero se isa opción parecelles demasiado extrema aos votantes tradicionais do PP, tamén lles propoño que voten a papeleta do seu partido, (o PP), pero escribindo algo a prol do galego para que o voto sexa nulo...
Tratase de facerlle comprender a Feijoo que con isa política linguística galegofoba que está a encetar, pode perder mais votos de galegofalantes conservadores que os que vai gañar dos radicais antigalegos de "Galicia Bilingue".
Xa que isa parece ser a única linguaxe que entende, a linguaxe electoral, cecais unha baixada do PP na Galiza xunto cun incremento do voto o BNG e de votos nulos sobre papeletas do PP pode ser unha mensaxe intelexible para el...
Porque eu creo na liberdade e nos dereitos individuais, pero tamen na responsabilidade e nos deberes. Para poder escoller si queres falar galego ou hespañol, (as dúas linguas oficiais na Galiza), tes que dominar as dúas, e logo podes escoller, tes verdadeira liberdade de escoller.
Feijoo pretende, na práctica, que a maioría da xente escolla "voluntariamente" o hespañol, para o cal está a buscar o xeito de que se estudie o mínimo en galego e de feito, non o domine. Para min iso é atacar o galego...
O mesmo no caso dos funcionarios, o que persiguen as medidas que impulsa Feijoo é facilitar o acceso a función pública con descoñecemento expreso do galego aos profesionais dos niveis superiores, (co que ademais se reforza a idea de que o galego non é convinte para os altos cargos e profesionais de éxito, e soio sirve para paletos, aldeáns e funcionaros subalternos), e facilitando ademais que a administración galega se nutra de funcionarios de fora...
Para mín iso tamén é atacar o galego...
Por todo elo, é polo que tento de pedir aos poderes públicos que cumpran o mandato legal, (da Constitución, do Estatuto e da Lei de Normalización Linguística), de protexer e potenciar a língua propia e oficial da Galiza e convido a todos a presionar ao máximo responsable a cumprir o seu deber legal.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.