Poderemos coller bicicletas de aluguer nas estacións de tren e de autobuses
A cidade deportiva da Torre, Adormideras(Nas lagoas), o dique de Abrigo, á altura do castelo de San Antón, o xardín da Mariña, os xardíns de Méndez Núñez, a Casa da Auga, a praza de Pontevedra, a praza de San Cristóbal, a estación de autobuses e o miradoiro dos Castros son as dez localizacións nas que o Concello instalará os primeiros puntos do sistema municipal de aluguer de bicicletas, bautizado xa oficialmente como Bici Coruña, durante os próximos dous meses.A esa primeira fase haberá que engadir nos meses seguintes, ata final de ano, outros catro puntos de estacionamento e intercambio, para os que se manexa, en principio, a posibilidade de instalalos no Paseo das Pontes, en Labañou, nas inmediacións do Millennium, no campus de Oza e no de Elviña.
Artigo completo en La Voz de Galicia.
Segundo se recolle no proxecto sacado a licitación o pasado mes de xaneiro pola Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) cada un dos intercambiadores distribuídos polos diferentes puntos do termo municipal dispoñerá de polo menos unha quincena de bicicletas listas para o uso por parte dos cidadáns.
Os devanditos vehículos poderán retirarse mediante o uso da tarxeta Millennium ou a través dunha simple mensaxe de SMS que permita utilizar o teléfono móbil como elemento identificador do usuario que pretenda acceder ao servizo.
Artigo completo en La Voz de Galicia.
Vázquez explicou entón que o custo do servizo será gratuíto durante a primeira hora de aluguer dos vehículos, e logo se aplicará unha tarifa de trinta céntimos por cada fracción de media hora que se alongue o aluguer.
A todo iso haberá que sumar unha cota de mantemento anual que, segundo o primeiro cálculo aprobado polo pleno municipal, será dun máximo de vinte euros anuais.
Artigo completo en La Voz de Galicia.














Já era horas de que implanta-sem algo assim. O único malo é que nom haja um mais perto da Agra do Orçam ;P.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.