27/04/09

O instituto Puga Ramón acolle unha homenaxe á profesora Esther Iglesias

A profesora Esther Iglesias, falecida hai uns meses, era a encargada das clases de francés do instituto Puga Ramón e a impulsora dos intercambios culturais cos centros escolares do país galo. Hoxe luns, a partir das cinco da tarde, o salón de actos deste instituto dependente da Deputación provincial, acollerá un acto de homenaxe a esta docente. Está prevista a asistencia tanto da familia da homenaxeada como de persoal do organismo provincial e da comunidade educativa; en diferentes intervencións será glosada a traxectoria humana e profesional da profesora homenaxeada e logo será descuberta unha placa no laboratorio de idiomas que pasará a levar o nome e Esther Iglesias. O acto concluirá cos alumnos do Lycée Saint François plantando unha árbore, unha especie gala, como recoñecemento ao traballo de intercambio da homenaxeada.

La Voz de Galicia.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO