Nova edición do Festival ARTEX SONORA
Esta segunda edición de ArtEx Sonora pretende dar continuidade ao proxecto de arte sonora e música experimental iniciado no verán de 2008, actuando como punto de encontro entre artistas, músicos e público.Artex Sonora II vertébrase en torno ás presentacións en directo de dous autores que realizan diferentes achegamentos estéticos ao fenómeno da creación sonora. Un (STEPHEN CORNFORD), reinterpretando a sonoridade de instrumentos clásicos, como o piano ou a viola, mediante obxectos sonoros que reciclan vellos compoñentes electrónicos. E outro (CARLOS SUÁREZ), manipulando paisaxes sonoras e instrumentos acústicos para construír un discurso musical con claras connotacións antropolóxicas.
O programa complétase cun TALLER DE FONOGRAFÍA Y ARTE SONORO que pretende dotar a todos os interesados de ferramentas que lles permitan afrontar os seus propios proxectos sonoros, ademais de facilitalos a comprensión do traballo alleo.
Máis Info en www.macuf.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.