Non se construirá ningunha gasolineira no Agra Dos Mallos
O Concello coruñés fixo onte público no Diario Oficial de Galicia ( DOG ) un anuncio no que se avisa da tramitación do expediente para a concesión dunha gasolineira na avenida de Arteixo. Este anuncio, que conta cun prazo de alegacións de vinte días, non terá efecto, xa que fontes da área de Urbanismo do Concello coruñés, que dirixe Obdulia Taboadela, dispoñen de informes que consideran que esa instalación é inviable na localización inicialmente prevista. Segundo explicaron fontes municipais, a devandita gasolineira iría situada nunha parcela próxima onde hoxe se levanta o centro cívico dos Mallos, dentro do desenvolvemento dun polígono de servizos que finalmente non se executou. Por iso, a reserva de espazo para unha estación de abastecemento de combustible, cuxa explotación solicitara Cepsa, enténdese por parte do Concello que é innecesaria.La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.