30/04/09

Cursos de Internet e Ofimática nas Bibliotecas Municipais

Cursos de Internet básico na Biblioteca Municipal da Sagrada Familia. Destinado a persoas sen ningún coñecemento previo de Internet ou informática.

Calendario dos cursos:
1º curso: 25 a 29 de maio de 16.00 a 19.00 h.
2º curso: 15 a 19 de xuño de 09.00 a 12.00 h.
3º curso: 22 a 26 de xuño de 16.00 a 19.00 h.
4º curso: 13 a 17 de xullo de 09.00 a 12.00 h.

Características de cada curso: Curso de 15 horas de duración distribuídas en 1 semana (tres horas diarias). Esta actividade formativa está destinada a persoas que non teñan coñecementos previos de informática ou de novas tecnoloxías. A través da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso permite coñecer de maneira básica os servizos que nos ofrece Internet.

Solicitudes e inscrición dende o 4 de MAIO ata esgotar as prazas, no horario da biblioteca. Entregarase unha solicitude por persoa que deberá presentarse debidamente cuberta no mostrador da Biblioteca Municipal correspondente, dentro do prazo sinalado. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar as prazas existentes. Non se admitirá ningún asistente a edicións anteriores desta mesma actividade formativa.

--------------------------

Cursos de ofimática básica nas Bibliotecas Municipais. Inscrición para os cursos dende o 4 de maio ata esgotar as prazas na propia biblioteca. Destinado a persoas sen ningún coñecemento previo de ordenadores e as súas aplicacións ofimáticas.

Calendario dos cursos:
Monte Alto: 18 ao 22 de maio de 16:00 a 19:00 h.
Monte Alto: 1 ao 5 de xuño de 9:00 a 12:00 h.
Castrillón: 8 ao 12 de xuño de 17:00 a 20:00 h.
Sagrada Familia: 6 ao 10 de xullo de 9:00 a 12:00 h.

Características do curso: Curso de 15 horas de duración distribuídas en 1 semana (tres horas diarias). Esta actividade formativa está destinada a persoas que non teñan coñecementos previos de informática nin de programas ofimáticos. A través da práctica continua e do asesoramento dun monitor o curso busca que os alumnos comprendan cómo crear documentos de texto e follas de cálculo. Contido do curso: Presentación e explicación das partes dun ordenador, Coñecemento e manexo do teclado, Coñecemento e manexo do rato, Tratamento de textos e Folla de cálculo.

Solicitudes e inscrición dende o 4 de MAIO ata esgotar as prazas, en horario da biblioteca. Entregarase unha solicitude por persoa que deberá presentarse debidamente cuberta no mostrador da Biblioteca Municipal correspondente, dentro do prazo sinalado. A admisión realizarase por rigorosa orde de inscrición ata completar as prazas existentes. Non se admitirá ningún asistente a edicións anteriores desta mesma actividade formativa.

--------------------------

Cursos de Internet avanzado nas Bibliotecas Municipais. Dirixido a persoas con coñecementos previos de Internet, manexo de ordenadores e propietarias dunha conta de correo (e-mail). A inscrición realízase en liña a partir do día 4 de maio.

Calendario dos cursos se xa tes coñecementos básicos de Internet e queres desenvolver a túa formación:
- FÓRUM METROPOLITANO: 25 ao 29 de maio de 16.00 a 19.00 h.
- SAGRADA FAMILIA: 1 ao 5 de xuño de 16.00 a 19.00 h.
- CASTRILLÓN: 15 ao 19 de xuño de 10.30 a 13.30 h.
- MONTE ALTO: 22 ao 26 de xuño de 16.00 a 19.00 h.

Contidos dos cursos: Presentación de distintos buscadores, Procura experta: operadores booleanos, truncamentos, comodíns etc., Avaliación de webs: actualización, autoridade etc., Webs temáticas: vídeos, fotografías etc., Administración electrónica, Comercio electrónico (adquisición de bens e servizos a través da rede), Correo electrónico (correo web): xestionar contactos e enderezos, redireccións de correos, crear grupos na axenda, Subscribirse a listas de distribución., Sindicación, Presentación e explicación de foros e Presentación e explicación de blogs.

+Info en coruna.es/bibliotecas

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO