13/04/09

Cortaranse a R.Outeiro, Av. Finisterre e Av.Arteixo pola Volta Ciclista

Según informa coruna.es:

Debido á celebración da "VIII Volta Ciclista a Galicia", os días 15 e 16 de abril, vanse a producir cortes de tráfico importantes na cidade, polo que se esperan retencións tanto nos itinerarios previstos como nas vías alternativas (Rda.Nelle, Avda. Arteixo,etc.).

Mércores 15: Chegada da 1ª Etapa, a partir das 17 horas aprox. comezarán os cortes de tráfico en Avda. de Finisterre, Rolda de Outeiro, Manuel Murguía, Paseo de Rolda, Paseo Marítimo (zona Estadio) e Avda. da Habana (Meta). Recoméndase evitar circular pola zona afectada desde as 16 ás 19 horas.

Xoves 16: Saída da 2ª Etapa, a partir das 14 horas realizarase unha saída neutralizada desde Mª Pita, discorrendo por Paseo do Parrote, Paseo Marítimo, Manuel Murguía, Rolda de Outeiro e Avda. de Arteixo. Recoméndase evitar circular pola zona afectada desde as 13:30 ata as 15:00 horas.

VIII edición da Volta Ciclista a Galicia, proba por etapas de carácter nacional elite e Sub 23 que se disputará entre o 15 e 19 de abril. A edición deste ano presentouse cun percorrido moi completo que fará que sexa unha proba moi competitiva nos seus 640 Kms. con constantes alteracións na cabeza de carreira que farán sen ningunha dúbida que todos os equipos se teñan que empregar a fondo. A segunda etapa pódese considerar como a raíña co final inédito no alto dá Enxa (Porto do Son) que chega a ter ramplas cun 17% de desnivel. A Volta conta cunha participación de 19 equipos de 7 ciclistas dos cales son 7 son galegos, 2 portugueses, 1 ruso e 9 nacionais que darán un gran nivel á proba.

http://www.fgalegaciclismo.es/

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO