22/04/09

A Biblioteca nas Estacións de Trens e Autobuses

Como celebración do Día do Libro 2009 as Bibliotecas Municipais da Coruña prepararon unha serie de actos aos que se convida a todos os cidadáns. As bibliotecas municipais ofreceranlles información aos viaxeiros sobre as súas actividades e recursos. Trátase de levar a biblioteca a dous dos lugares máis frecuentados pola cidadanía.

Espazos de paso pero tamén de encontro, bos lugares onde botarlle unha ollada a un libro no tempo de espera ou de elixilo co fin de lelo durante o traxecto. Para celebrar un día tan especial, as bibliotecas levarán libros ás estacións e poñeranos a disposición dos viaxeiros, que, sexan nenos ou adultos, poderán levalo e lelo no autobús ou no tren. Haberá para isto un posto con información e folletos das bibliotecas, marcapáxinas e un cartel conmemorativo.

coruna.es/bibliotecas

Xoves 23: As bibliotecas instálanse por un día na Estación de Trens e Autobuses (desde ás 10:00 até as 19:00). Animación de rúa pola Compañía Femme Fatale.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO