Accidente en Capitán Juan Varela
Unha moza de 25 anos sufriu feridas de carácter leve tras chocar o coche que conducía contra outro automóbil que se encontraba estacionado, segundo indicaron fontes da Policía Local. O accidente produciuse na rúa Capitán Juan Varela e a muller foi trasladada por unha ambulancia da Cruz Vermella ao hospital universitario da Coruña. Polo momento descoñécense as causas polas que a muller perdeu o control do seu vehículo.La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.