07/03/09

Volvemos insistir con Antonio Viñes

A rúa Antonio Viñes non hai por onde collela, tal e como falamos varias veces neste Blog. A calzada para os coches leva anos en mal estado, a pesar de que fai un ano anunciouse que ía ser reparada (ver aquí).

A iso hai que engadirlle a situación dunha das beirarrúas, a da parte dereita en sentido baixada. Arriba de todo, a primeira parte desta beirarrúa está formada por escaleiras, como se ven na imaxe. Estes días tocoume de pasar por alí e podo dicir que están realmente mal, dan unha situación enorme de tristura, abandono e polas noites debe dar incluso medo.

¿Para cando unha reforma total desta rúa? ¿Algún día veremos Antonio Viñes nun estado decente?

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO