11/03/09

Varias asociacións de comerciantes perderon socios polo peche de tendas

A Asociación de Comerciantes Distrito Mallos contabilizou 20 baixas nun período de 12 meses, actualmente conta con ao redor de 184 socios. Ademais de polo peche de negocios, o presidente da entidade, José Salgado Sánchez cre que moitos dos pequenos empresarios se deron de baixa porque lles custa facer fronte aos nove euros de taxas mensuais. "Os gastos non se rebaixan, e mesmo soben como a electricidade a case o dobre, e o que entra non dá para pagar", di. No último trimestre, pecháronse cinco tendas, todas relacionados co sector téxtil e a moda no barrio.

Salgado Sánchez explica que a competencia é letal para os pequenos que viven unha situación "crítica", pero que "será endémica e non terá solución". O representante dos empresarios do comercio dos Mallos entende que os propietarios de tendas se viron obrigados a vender a prezos moi baixos. As rebaixas no pequeno comercio chegaron ao 50% ,"poco frecuente" neste tipo de establecementos, co que, a pesar de que houbo vendas, non lograron facer as caixas desexadas. "Había moito material que se tiña que botar fóra", di Salgado Sánchez que non atopa outra razón para que os comerciantes duplicasen os descontos que outras tempadas nunca superaban o 25 ou 20%.

Artigo completo no xornal El Ideal Gallego.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO