Un menú contra a crisis por 2€ na Praza Padre Rubinos
O restaurante asiático Sen Chen ofrece a posibilidade de comer por 2 euros un prato a base de polo e arroz.Viaxaron miles de quilómetros para asentarse nun país estraño, algo que lles ensinou as dificultades, os problemas para saír adiante día a día aínda que non sexan tempos de crise. Quizais por iso, son agora especialmente sensibles á pelexa económica diaria e decidiron colaborar cos que poden estar en apuros. O restaurante asiático Sen Chen, situado no baixo do número 3 da praza Padre Rubinos, nos Mallos, oferta dende hai uns días un menú contra a crise ao prezo de dous euros. «Non sei se se enfadarán connosco outros restaurantes porque poñemos este prezo», dubidaba na tarde de onte unha das responsables do local, na entrada do cal figura a correspondente placa de bronce coa concesión da licenza municipal.
Artigo completo no xornal La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.