¿Tes fotografías antigas da vida no barrio?

Achégaas á Biblioteca Sagrada Familia ou ó Centro Cívico dos Mallos para unha próxima exposición. Deixa as túas fotografías nos sobres que atoparás no mostrador ata o 24 de Abril co ano aproximado, tema e lugar no que se tomou e devolverémoschas axiña.
Buscamos fotos de festas, celebracións, acontecementos familiares, lugares significativos... en resumen, da túa vida e a do barrio. Para calquera consulta chama ó Tlf. da Biblioteca: 981.184.392
Se o prefires, tamén podes enviar as fotos por internet a través do Blog. Envíanos as túas fotos a barriodosmallos@gmail.com co ano aproximado, tema e lugar onde se tomaron. Nós farémosllas chegar á Biblioteca.














Buscarei polo arquivo do meu pai, o mais seguro teña algunha de interese.
Vémonos pronto, un saudo.
Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.