27/03/09

Sobre o Centro Cívico dos Mallos

Alcalde e Ministro reúnense en Madrid para falar dos Centros Cívicos.

O Alcalde mantivo en Madrid unha reunión de traballo co Ministro de Cultura na que se concretou o proxecto para equipar con salas de teatro e espazos audiovisuais os centros cívicos de Labañou, San Diego e Os Mallos.

Deste xeito, o proxecto definitivo contempla que a actual sala multiúsos do centro cívico de Os Mallos transfórmese nunha sala de teatro convencional, coa dotación de todo o equipo escenográfico, son e demais necesario para albergar representacións teatrais.

Artigo completo en coruña.es

------------------------------------

Actividades no Centro Cívico dos Mallos

Gústame o meu barrio
Os participantes nos talleres aprenderán a coñecer e valorar aspectos significativos do barrio no que viven: o espazo público, o ámbito privado, as persoas e o medio natural. O taller está dirixido a usuarios e usuarias dos centros cívicos de Feáns, Monelos, Os Mallos, Rosales, Monte Alto, San Diego, Artesáns e Castrillón. A inscrición pode realizarse nos centros cívicos.

Contacontos
Se desexas compartir cos teus fill@s momentos entrañables arredor dos contos, este é o teu obradoiro xa que nel poderedes disfrutar de fermosas historias e vivir incríbles aventuras. Datas e horario do obradoiro: Sábados: 9, 16, 23 e 30 de maio de 11 a 12 h. Inscrición: no Departamento de Conserxaría do CCM Os Mallos do 27 de abril ao 4 de maio hasta completar o aforamento. Todolos menores que acudan a este obradoiro deberán estar acompañados dun adulto responsable dos mesmos

Obradoiro de danza
O Centro Coreográfico Galego levará a cabo no CCM Os Mallos unha sesión onde, de unha maneira lúdica e participativa, experimentaremos coa danza e descubriremos a danza como unha actividade sinxela e divertida. Data da sesión: Mércores 29 de abril de 11.30 a 13.30 h. Preinscrición: no Departamento de Conserxaría do CCM Os Mallos os días 20, 21 e 22 de abril. Sorteo: 23 de abril. Inscrición: os días 23, 24 e 27 de abril no Departamento de Conserxaría do CCM Os Mallos.

Excursión á Festa do Champiñón de Ordes
Domingo 26 de Abril. +Info aquí.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO