Sobre as Galerías de San Vicente - San Luis
A crise do comercio agudízase en lugares que, de por si, gozan de pouco atractivo. É o caso das galerías de San Vicente, en Os Mallos, en perigo de desaparecer se non se buscan ideas de dinamización. Que algunha ONG ou outras entidades ocupen os locais baleiros é unha das opcións.As galerías de San Vicente, en Os Mallos, levan máis de dúas décadas en funcionamento. Non obstante, é agora cando o perigo de desaparición pende sobre estas instalacións, nas que apenas media ducia de locais se manteñen ocupados.
Trátase, na maioría dos casos, de oficinas, almacéns e talleres que non ofrecen atención directa ao público. De feito, só aqueles negocios instalados a pé de rúa, como unha cafetería, conseguen atraer un número importante de clientes. E é que, na práctica, as galerías só son utilizadas polos residentes na zona como atallo entre as rúas de San Vicente e San Luis.
Artigo completo en El Ideal Gallego.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.