Sen beirarrúas na Ronda, xente temeraria

Os veciños de Vioño levan preto dun mes sen beirarrúas. As obras de construción de varios edificios obrigaron a pechalas. Camiñar tranquilamente pola rolda de Outeiro e a avenida de Arteixo bordeando o polígono de Vioño converteuse nunha misión imposible dende hai preto dun mes. As obras de construción de varios edificios obrigaron a pechar o paso aos transeúntes e destruír varias das beirarrúas que existían nesta zona.Artigo completo en La Voz de Galicia.
Esta modificación causa bastantes trastornos aos veciños, posto que implica que deben atravesar un mínimo de dezaseis carrís de circulación, e oito pasos de peóns para poder achegarse ao mesmo punto, ao que anteriormente chegaban con solo unha pequena camiñada.
Hai xente que, a pesar de estar a beirarrúa cortada, se arrisca a camiñar pola propia estrada.
É a segunda vez que podemos ler os problemas nesta zona no xornal La Voz de Galicia (Ver artigo anterior). Evidentemente, trátase dun importante trastorno para a zona, onde moitos temos que dar un rodeo maior para facer un recorrido que antes faciamos en menos tempo; pero, ¿é normal ver a un home co seu fillo (ver foto de arriba) ou a unha nai co seu carriño de bebé (ver foto de abaixo) circular dentro dun carril a carón dos coches e camións?Por moita razón que teñamos os veciños en reclamar que nos devolvan as beirarrúas o máis pronto posible, mentres non se soluciona o problema, ¿non será mellor perder un pouco de tempo e dar un rodeo antes que levar aos teus fillos por ahí?
Fotos por La Voz de Galicia.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.