19/03/09

A Sagrada Familia segue á espera de que reinicien as obras

Acceso a portais a través da terra, árbores tiradas ao chan, unha zona infantil utilizada como almacén de obra, coches e camións aparcados en calquera lugar, falta de asfalto nalgúns puntos onde se forman grandes pozas cando chove, contenedores de varias rúas apilados todos xuntos nun mesmo lugar, etc.. Así leva meses a Sagrada Familia esperando que reanuden as obras. Aquí aparecía o por que desta paralización..

Coa zona neste estado lamentable, apareceu o Alcalde na súa visita ó barrio deste mércores anunciando máis actuacións e asegurando que a rehabilitación do barrio rematará no próximo verán.

Según informa La Voz de Galicia:
Javier Losada percorreu a zona acompañado polos concelleiros de Rehabilitación e Vivenda, Mario López Rico, e Infraestruturas, Esteban Lareo, e entrevistouse con distintos representantes de entidades veciñais e sociais.

O Concello ten previsto completar obras na zona por valor de 3,5 millóns de euros, dos cales un se destinará á fase final do plan de rehabilitación. En esta inclúese a renovación completa de diversas rúas, traballos que afectan á pavimentación da zona central da Sagrada Familia, en concreto nas rúas Cardenal Cisneros, Nuestra Señora de la Luz, Sargento Provisional, González del Villar, Río Anllóns e Marabillas, onde tamén se aproveitará para mellorar a recollida de pluviais, a condución de baixantes e renovaranse as beirarrúas.

Ademais, substituirase a iluminación, coa instalación de sistemas de aforro enerxético e o cambio das luminarias. A reforma da rede de subministración realizaranse en dous meses e contan cun presuposto de algo máis de 685.000 euros.

Por outra banda, o goberno local ten previsto iniciar en abril as obras para cubrir os patios dos colexios Sagrada Familia, situado na rolda de Outeiro, e Rosalía de Castro, na rúa Pontedeume, para o cal se inverterán 350.000 euros.

Con posterioridade acometerase o proxecto de pavimentación da rúa Tornos, cun custo que supera o medio millón de euros.

Así está a Sagrada Familia zona San Jaime:




0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO