Obradoiro e Mesa Redonda no Centro Cívico
Obradoiro "CORUÑESAS CON HISTORIA. PROTAGONISTAS NO PASADO E NO PRESENTE"Inscrición: a partir do día 2 de marzo, en horario do Centro Cívico Os Mallos. Prazas limitadas e outorgadas por rigorosa orde de inscrición.
(Click na imaxe para ampliar)
-----------------------
Mesa Redonda "Heroínas na Historia e no Mundo"
Con motivo dos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, no Centro Cívico Municipal Os Mallos terá lugar o próximo martes día 3 ás 19.00 h. a mesa redonda " Heroinas na historia e no mundo", que tratará fundamentalmente sobre o papel oculto da muller a través da historia.
Abrirá o acto Silvia Longueira, Concelleira de Servizos Sociais e a mesa correrá a cargo de relatores do talle de Olga Gallego Dominguez, membro da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega e José Miguel Andrade Cernadas, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, doutor en Xeografía e Historia e experto medievalista.
Olga Gallego centrarase sobre "A Muller Ourensana no Antigo Réxime" e J. Miguel Andrade farao sobre "As mulleres na Idade Media: Unha Nova forma de Escribir a Historia"














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.