18/03/09

O Concello aposta por prazas en batería para evitar a dobre fila

A Concellaría de Tráfico ten entre as súas medidas para disuadir os condutores de aparcar en dobre fila a substitución das prazas de estacionamento en liña polas de batería. Esta iniciativa consiste en estreitar a un único carril o tránsito de turismos en rúas dos barrios periféricos, o que impediría aparcar na vía pública de xeito irregular porque obstaculizaría totalmente ao resto da circulación.

As posibles vías que poden ver modificado os seus puntos de estacionamento atópanse, por exemplo, en Riazor, O Ventorrillo, Agra do Orzán e Os Mallos.

O Concello solicitou a colaboración cidadá para acabar coa dobre fila e os estacionamentos irregulares: "Unha cousa é parar a facer un recado rápido e outra deixar o coche [mal aparcado] para tomar uns viños".

Artigo completo en La Opinión A Coruña.

0 Comentarios

Publicar un comentario en la entrada

**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.

Blog Barrio dos Mallos 2012. Template by Dicas Blogger.

|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__|__| TOPO