O Concelleiro de Infraestruturas reuniuse con representantes do barrio
O concelleiro de Infraestruturas, Esteban Lareo, reuniuse cos directivos da asociación de veciños dos Mallos e da asociación de comerciantes Distrito Mallos para exporlles e analizar as obras que se realizarán no barrio a partir das próximas semanas correspondentes ao Plan de Investimento Municipal. O obxectivo, segundo explicou Esteban Lareo, é acordar cos veciños e comerciantes as actuacións, ademais de analizar o plano do ámbito de actuación das obras, que chegarán á gran maioría das rúas dos Mallos.Próximas obras:
- Renovación das beirarrúas e calzada das rúas Europa, san Rosendo, Pedroso, Filipinas e Puerto Rico. Invertirase na rede de saneamento naquelas vías nas que é de tipo unitario para convertela en separativa.
- Renovación de beirarrúas e calzada en Francisco Tettamancy, Borrallón, San Vicente, Francisco Catoira, Diego Delicado, Germán Taibo e Mariana Pineda. Estas obras centraranse na renovación do pavimento e as beirarrúas das citadas rúas, a modernización da rede de saneamento e as canalizacións e a mellora xeral da accesibilidade en zonas de paso de peóns.
- Crearase unha zona de xogos nova na zona da Sardiñeira. Nela instalarase un xogo múltiple e dous xogos xiratorios para nenos de entre dous e seis anos, sobre chan de goma continua.
- Despois do inicio da reforma de Francisco Catoria, as obras en Ángel Senra empezarán en breve, unha vez que finalicen os trámites administrativos do contrato tras concurso público.
Podes ler o artigo completo en coruna.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.