O Colexio Sagrada Familia estará no VII Festival Intercentros
O certame, que xa vai pola súa sétima edición, reunirá estudantes de 14 centros educativos da cidade que realizarán unha exhibición de canto e baile. Animámosvos a acudir, o barrio estará representado por primeira vez polo CEIP Sagrada Familia, que según temos entendido, será ó único centro de titularidade pública da cidade que participa.O CEIP Sagrada Familia participa cun grupo de entre 15 e 17 nenas, de 5º e 6º de primaria na categoría de coreografías e actuarán en segunda posición. Precisamente, esta é unha categoría que se incorporou este ano ó Festival, xa que ata o de agora so se relizaba a categoría de canto, categoría por certo, onde non puido anotarse o CEIP Sagrada Familia. Mandamos dende o Blog toda a forza e o ánimo do mundo para estas rapazas que tanto traballaron para poder estar este venres no Coliseum, e unha aperta moi forte para unha delas que non poderá estar por enfermidade.
O Festival Intercentros promove a amizade e a solidariedade entre os centros educativos da Coruña e os fondos recaudados irán para Cáritas e servirán para colaborar na reconstrución das vivendas destruídas polo último terremoto en Perú.
Os horarios das diferentes categorías son os seguintes: Electrónica: 17:00 horas, Coreografías 18:00 horas, Canción: 19:00 horas. Para a clausura tocarán en directo dúas orquestras, interpretando temas de 1ª actualidade. As entradas para o festival, que se celebra este venres 27 no Coliseum (17.00 h), custan catro euros e pódense comprar no quiosco da praza de Ourense e en www.caixanova.es.
coruna.es














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.