O abandono do mercado de Ramón Cabanillas na prensa
Aquí falabamos do anuncio dunhas pequenas reformas e aquí denunciabamos o abandono deste mercado por parte do Concello, quen nin sequera o inclúe na web dos mercados municipais coruñeses.Pero parece que non só temos abandono por parte do Concello, xa que a oposición preguntou ultimamente en Pleno pola situación de varios mercados da cidade, Santa Lucía, Elviña, Praza de Lugo e San Agustín, pero tampouco se lembrou de Ramón Cabanillas.
No xornal El Ideal Gallego cóntannos:
A modernización segue sin chegar ó mercado municipal de Ramón Cabanillas. As reformas das que xa gozan os vendedores do resto dos mercados da cidade esqueceron o recinto dos Mallos que espera dende hai anos unha obra que equipare o seu recinto aos outros mercados e que facilite o seu traballo.
Nos últimos anos, o único que se fixo é arranxar a entrada sen que houbese intentos por reparar nin sequera a cuberta, que permite que pase a auga os días de chuvia. Chegou a confirmarse un proxecto para o que existía unha partida presupostaria de 250.000 euros do inicio da cal non se sabe nada.
O representante dos placeros, Francisco Barral, asegura que dende o Concello se lles comunicou que o recinto se vai arranxar pero sen que se confirme unha data. Mentres, non dúbida en explicar que as condicións non son as axeitadas para un mercado do centro, que sofre problemas de abandono e non dubida en evidenciar a comparación co resto de mercados.
Á marxe do estado no que se atopan as instalacións de Ramón Cabanillas, nas que se manteñen ao redor de 12 postos abertos, Barral critica a escasa sinalización que ten a praza, que fai que ata sexa difícil de localizar para os propios veciños do barrio. A isto únese a falta de aparcamento. Francisco Barral asegura que nin sequera puideron conseguir un vao para a entrada.
Reparacións > Se as grandes reformas non chegan, onte podíase ver como algúns obreiros realizaban traballos que, para o voceiro dos placeros, non pasan de retocar a pintura das paredes que a humidade está a destruír.














Publicar un comentario en la entrada
**ATENCIÓN: Aqueles comentarios que non se axusten ás NORMAS de Participación non serán publicados.